Manifesto lido o 10 de novembro na 5ª Marcha a Prol da Acción Civil para a devolución do Pazo de Meirás

VERDADE:
o Pazo de Meirás é un roubo ao pobo
de Meirás, ao concello de Sada, ao pobo galego.
o O roubo fíxose polo ditador
Francisco Franco, quen tomou posesión do pazo fisicamente o 8 de
decembro de 1937.
o Hai, polo tanto, unha longa
historia de aldraxe e rexeitamento do pobo de Galicia contra a
propiedade do pazo de Meirás pola familia Franco.
o Trala morte do ditador en 1975,
concretamente o 26 de novembro dese ano o rei entón de España, Juan
Carlos I, concédelle o título de Ducado de Franco a María del Carmen
Franco y Polo, e cando morre ésta 0 29 de decembro de 2017, pasa o
título á súa filla, Carmen Martínez-Bordíu, concesión que foi asinada
polo entón ministro de xustiza Rafael Catalá, no último día da
lexislatura do seu mandato.
o En agosto de 2007, o concello de
Sada solicita a declaración como BIC (Ben de Interese Cultural) ao Pazo
de Meirás, atendendo ao especial contido histórico e cultural que ten o
Pazo, que antes do seu espolio por Franco fóra propiedade da familia da
escritora Emilia Pardo Bazán.
o En decembro de 2008 o Pazo de
Meirás foi declarado BIC (Ben de Interese Cultural) pola Xunta de
Galicia, impoñendo á familia Franco a obrigatoriedade de abrir o Pazo
para o público alomenos catro días cada mes.
o Obriga que, en todos os meses de
agosto, a familia Franco negóuse a cumprir, aducindo que “estaban de
vacacións”. Prácticamente a familia só usa o pazo para facerse fotos
para a prensa do corazón, para facer bodorrios e festas.
o Logo de moitas mobilizacións
cidadás, logo de moitas batallas, recentemente fíxéronse públicos dous
informes Xurídico-Históricos, ún feito a instancia da Deputación da
Coruña, e outro a instancia do Parlamento de Galicia, nos cáis
acredítase que a detención da propiedade do Pazo de Meirás por parte da
familia Franco é foito dunha serie de ilegalidades que veñen da
existencia dunha simulación de compravenda do mesmo, que inhabilita a
lexitimidade da propiedade do Pazo de Meirás por parte da familia
Franco.
o 11 de xullo de 2018, os votos dos
catro grupos do Parlamento galego uníronse a un pacto de mínimos cun
argumento común: reclamar ao Goberno de España, a administración con
competencias para facelo, emprender as accións legais que correspondan
para botar a familia Franco do Pazo de Meirás, e procurar facelo,
ademáis, sen que isto implique compensar económicamente con diñeiro
público aos herdeiros do ditador.
o A familia Franco, mentras tanto,
non fica queda: pón á venda polo ridículo prezo de 8 millóns de euros o
Pazo de Meirás nunha inmobiliaria, e tamén fai un esforzo para
entorpecer o proceso de recuperación do Pazo cando ún dos herdeiros
vende a súa parte da herdanza do Pazo a unha empresa da súa propiedade.
o xisten contactos coa Dirección
Xeral de Memoria Histórica do goberno de España, e deses contactos,
temos a información de que o Director Xeral do antedito organismo ten
encargado ao servizo xurídico do ministerio de referencia un estudo
sobre as posibilidades de denuncia á familia Franco para que se vaian do
Pazo, así como o estudo da situación financeira dos herdeiros do ditador
por parte de Facenda.
XUSTIZA:
o É totalmente inimaxinable que nunha
democracia se honre á familia dun ditador coa propiedade de ningúnha
facenda.
o É algo que está de toda fora
lóxica, o premiar á familia dun xenocida sanguinario coma Francisco
Franco con todo un pazo que foi declarado BIC (Ben de Interese
Cultural).
o En Alemania a ninguén se lle ocorre
doarlle á familia de Adolf Hitler un castelo para que pase as vacacións.
o En Italia pasa algo parecido coa
familia de Benito Mussolini, tampouco a ninguén se lle pasa pola cabeza
distinguir á descendencia do ditador cun título nobiliario.
o Prodúcese unha inxustiza grandísima
ao distinguir con honras e premiar á familia dun dos peores ditadores da
humanidade.
o Lembremos que o estado español, con
máis de 150.000 desaparecidxs, ocupa o segundo lugar, tras Camboia,
entre todos os países do mundo en número de desaparecidos.
o E lembremos tamén que todo foi
debido a un golpe de estado contra a legalidade constitucional da II
República, golpe de estado liderado por Francisco Franco.
o E lembremos que tras unha
transición que non foi nada modélica, os descendentes do franquismo,
mesmo os seus herdeiros físicos, non perderon nin un peso dos que agora
está suficientemente acreditado que foi roubado por Franco.
o Polo que se produce un auténtico
fraude democrático ao permitir que sexa a familia do ditador quen
desfrute gratuitamente do roubado polo seu parente.
o Fraude democrático que fai baixar a
calidade da democracia do estado español.
REPARACIÓN
o Non hai outro medio de reparar os
danos motivados pola presenza dos Franco en Meirás que a súa devolución
ao patrimonio público.
o É difícil compensar ás persoas que
perderon as súas propiedades inxustamente para que o ditador puidera
montar o seu pazo para as súas vacacións estivais.
o Pero non sobraría un estudo das
administracións para que as persoas que foron perxudicadas -mesmo no seu
patrimonio persoal e/ou familiar-, sexan compensadas, na medida do
posible, polos danos recibidos.
o Pero un primeiro paso sería o non
aceptar outra saída que a familia Franco marche de Meirás.
o As administracións públicas teñen a
obriga de vear polo cumprimento das leis e polos dereitos das
administradas.
o Cousa que, desde que Franco
espoliou o Pazo, non se veu en Meirás.
o Hora era xa de que o Parlamento
galego UNÁNIMEMENTE, aprobara unha declaración que supón o primeiro
chanzo cara a reparación dos danos feitos, pedindo a devoluición
gratuita do Pazo de Meirás ao patrimonio público.
o Hora é, daquela, de que a
administración que ten as compentencias para facelo, que é o Goberno de
España, se poña as pilas, e faga o necesario para botar a familia Franco
do Pazo de Meirás.
o Afortunadamente, xa está o goberno
mandando actuar á avogacia do Estado para estudar a forma xurídicamente
correcta de que a familia Franco deixe o pazo de Meirás e sexa o
patrimonio público quen o administre.
o Da fermosa terra de Meirás, da
fermosa terra de Sada, da fermosa terra galega, no sobra ninguén…
o …perdón, CASE niguén… mentras teñan
a propiedade do Pazo de Meirás, únicamente sobra a Familia Franco!
o E, cando non o teñan, serán
benvidas, como turistas que desfrutan da nosa terra… pero iso sí, que se
paguen eles os hoteis e restaurantes que visiten.
…E GARANTÍAS DE NON REPETICIÓN
o Tampouco é moito pedir que as
Administracións garantan que estas desfeitas non se repitan nunca máis.
o Pensamos que é un dereito
democrático da cidadanía.
o Por exemplo, antes falabamos de que
en Alemania e en Italia non se poden honrar aos seus respectivos
ditadores.
o Iso é porque hai leis que así o
impiden, e quen o faga, será perseguido xudicialmente e tratado como un
delincuente.
o Algo parecido pódese facer no
estado español. Por exemplo, ilegalizando a organizacións fascistas como
a Fundación Nacional Francisco Franco.
o Organización, que é a encargada de
xestionar as visitas como BIC ao Pazo de Meirás. Si, xa sei o que todas
pensades. O raposo gardando as galiñas.
o Organización que defende, exalta, e
fai apoloxía do franquismo e do xeneral Franco, cousa que debería de
estar prohibica nunha democracia.
o E tamén as Administracións poderían
facer o posible para que a historia do franquismo, da guerra civil, da
posguerra e da represión franquista se coñeza, mesmo desde os niveis
educativos máis primarios.
o Para que as vindeiras xeracións se
eduquen en valores de paz, de concordia, de tolerancia e de respecto.
o Estas son as verdadeiras garantías
de Non Repetición: ilegalizar a quen faga apoloxía do franquismo (FNFF)
e educación contra o franquismo.
DEVOLUCIÓN DO PAZO DE MEIRÁS AO PATRIMONIO
PÚBLICO!
o
Acción Antifastista
o
Agrupaçom Cultural ‘O Facho’
o A
Oliveira de Teo
o
Alternativa dos Veciños de Oleiros
o Anova
o
Asemblea Republicana de Vigo
o
Asociación Cultural Alexandre Bóveda
o
Asociación Cultural “Obradoiro da Historia” de Ordes
o
Asociación Cultural ‘O Galo’
o
Asociación Cultural Suárez Picallo
o
Asociación Cultural Vagalumes de Tabeirós/Terra de Montes
o
Asociación de Veciñas de Eirís
o
Asociación de Veciñas de Monte Alto
o
Asociacións de Veciñas do Castrillón – Urbanización Soto
o
Asociación Viguesa pola Memoria do 36
o
Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
o
Bloque Nacionalista Galego
o
Confederación Intersindical Galega – CIG
o
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza
o
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
o
Comisións Obreiras – CC.OO
o
Defensa do Común
o
Central Unitaria de Traballadores – CUT
o En
Marea
o
Esquerda Unida
o Fórum
Própolis
o Marea
Atlántica
o
Partido Comunista de Galicia
o
Podemos
o
PSOE/PSdeG
o
Riazor Blues
o Unión
General de Traballadores – UGT
o
Xuventudes Comunistas de Galicia