En Ferrol, "Cacerolada" ao Supremo e contra os abusos bancarios

Protesta en Ferrol, convocada pola PAH de Ferrol e
Comarca e Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra,
contra o sucedido na Sala Terceira do Tribunal Supremo, non só polo
acordo tomado en relación do imposto das hipotecas, senón polo como se
chega a esa resolución a todas luces unha interferencia da banca na
decisión tomada que se suma a toda unha chea de acumulación de decisión
en sintonía cos intereses da banca do IBEX35.
A PAH loitará porque haxa xustiza contra
esta sentenza vergonzosa do Tribunal Supremo. | 15 marionetas obedecendo
á banca no tribunal Supremo.
A Sala do contencioso do Tribunal Supremo
perpetrou un novo golpe á cidadanía deste país, no seu
permanente parcialidade, dependencia e submisión aos poderes económicos.
O presidente da Sala, decidiu, nunha acción sen precedentes, a
suspensión de todos os procedementos xa en trámite, e a convocatoria da
reunión que onte concluíu cunha flagrante violación da xurisprudencia do
TXUE en relación coas cláusulas abusivas.
Logo de 2 semanas de intensa presión
mediática da banca no seu favor, lograron que xuíces servís aos seus
intereses, volteen unha xurisprudencia xusta e acorde coa
europea, nacida da Sección II.
Esta decisión vén confirmar a impunidade
que os máximos xuíces deste país outorgan ás entidades financeiras.
Non esquecemos a súa sentenza sobre as cláusulas chan, a súa consulta ao
TXUE sobre o vencemento anticipado ou os intereses de demora, sempre
para beneficiar á banca e contra os intereses da cidadanía. Non o
esquecemos.
Tampouco esquecemos como viñeron ignorando
sistematicamente os máis de 700.000 desafiuzamentos, nin como miraron a
outro lado cando sentenza tras sentenza do TXUE ían chegando dereitos
aos hipotecados, eles non fixeron o menor esforzo para revisar
as nosas inxustas leis.
Sempre dixemos que todos os poderes do
Estado estiveron ao servizo da banca. O político, mantendo unha
lexislación de xeito evidente inxusta, e en moitos aspectos ilegal,
segundo sentenciou en case 20 ocasións o TXUE. O xudicial, salvo moi
honrosas e escasas excepcións, aplicando rutineiramente esa lexislación
que expulsa á xente das súas casas e déixalles débedas impagábeis e para
sempre, e ditando sentenzas como esta, fóra de toda lóxica xurídica e
oposta á doutrina do TXUE. E por suposto, o aparello represor que nos
empuxa, golpea ou multa coa lei mordaza. Todos eles, traballando para
garantir a impunidade financeira.
Pero por si aos banqueiros non lles basta,
no Congreso estase tramitando a lei de crédito inmobiliario, elaborada
polo banqueiro De Guindos e orientada á protección aínda maior da banca
fronte á xente, moderando cláusulas abusivas e intentando
reactivar os miles e miles de procedementos suspendidos pola acción do
Supremo ante o TXUE sobre o vencemento anticipado; hai un grave perigo
de que tamén se carguen a protección a debedores hipotecarios, a dación
en pago e impoñan a responsabilidade ilimitada, a cesión de
crédito/titulización e intereses de demora altos. E PP, Cs e PSOE queren
aprobar ese proxecto, mentres PP e Cs están bloqueando a Lei de Vivenda
da PAH mediante a petición de prórrogas do prazo de emendas.
Parece que a ninguén lle importen os máis
de 33.000 desafiuzamentos do primeiro semestre deste ano, nin
os prezos dos alugueiros, ou os prezos de compra de vivendas, nin a
violación dos Dereitos Humanos en materia de vivenda que non cesa de
denunciar o
Comité de dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU. Queren
reactivar as execucións hipotecarias para que haxa máis desafiuzamentos
e podamos ata superar as cifras dos peores anos da crise.
Por iso a PAH lanzamo-nos á mobilizacións
que comezarán nos territorios con caceroladas ante os xulgados,
cando o decidan os diferentes territorios e o sábado ás 18 horas en
Madrid ante o Supremo.
A BANCA MANDA, A XUSTIZA OBEDECE!
PODE-SE !!
Pedro Sánchez quédase curto
En relación co anuncio feito por Pedro Sánchez
trala sentenza do Supremo de onte, sobre o real decreto que pensa
aprobar mañá o Goberno, para que o imposto de actos xurídicos
documentados o pague a banca en diante, desde a PAH consideramos que:
1º É unha medida que intenta salvagardar a
decisión do Supremo, no sentido de liberar á banca da retroactividade e
da obrigación de devolver ás familias as cantidades indebidamente pagas
por estas, establecendo que en diante sexan os bancos quen o
fagan, que xa atoparán a fórmula de cobrárnolo.
2º É unha medida insuficiente á hora de
protexer aos debedores hipotecarios. Recórdanos a aquela outra
sentenza do Supremo de 2013, sobre as cláusulas chan na que intentaron
liberar da retroactividade á banca, e que foi corrixida polo TXUE en
2016. Aos bancos non lles custará atopar a fórmula de cobrárnolo e o
pago, pois pago está.
3º Este país o que necesita urxentemente é
unha lexislación hipotecaria acorde cos estándares europeos, onde a
parte claramente máis débil, estea suficientemente protexida.
Para lograr isto, Pedro Sánchez ten a opción a aceptar na lei de crédito
as emendas que protexen ao debeor hipotecario, como son a dación en
pago, a limitación da responsabilidade ao ben hipotecado? Introducindo
tamén os criterios establecidos na Directiva 93/13/UE, sobre os
contratos entre profesionais e consumidores de forma que se reequilibre
a radical desigualdade entre prestamistas e prestatarios, banqueiros e
hipotecados, protexendo especialmente á parte máis débil, e non como até
agora, en que a sentenza do Supremo é o último exemplo da desigualdade
existente. Até o momento, Pedro Sánchez estase apoiando en PP e
Cs para sacar adiante o proxecto do banqueiro De Guindos, e vén
rexeitando emendas que van en sentido contrario.
4º Pero si como anunciou fai tempo
Pedro Sánchez, o que desexa é garantir o
Dereito á Vivenda, dispón dun instrumento idóneo: A Lei de Vivenda PAH,
actualmente en trámite suspendido pola fraude sistemática petición de
prórrogas que veñen facendo PP e Cs, demostrando que a situación de
emerxencia residencial que atravesa o país non lles afecta.
Xa que logo, desde a PAH, non vemos outro
camiño que o de seguir loitando, mobilizándonos, porque nada cambiou,
todo presaxia que os máis de 33.000 desafiuzamentos do primeiro semestre
deste ano, van ser amplamente superados no segundo. Os prezos
dos alugueiros non deixan de subir. As casas baleiras seguen baleiras
sen que ninguén faga nada por mobilizalas para ampliar o parque público
de vivenda e dar resposta á urxencia residencial.
Por iso a PAH convocou e mantén mobilizacións en
todos os territorios para este venres, e para o vindeiro sábado ante o
Supremo en Madrid.
#VergonzaSuprema
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo
de Ferrol Terra
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
https://artabra21.blogspot.com/2018/11/en-ferrol-cacerolada-ao-supremo-e.html