Xustiza. Comunicado urxente do sindicalismo alternativo contra a reforma da LOPJ

COMUNICADO URXENTE REFORMA L.O.P.J. E
MOBILIZACIÓNS
As organizacións asinante s mostramos a
nosa ABSOLUTA OPOSICIÓN á reforma de LOPJ, apoiada pola maioría
dos partidos políticos, que significará un retroceso sen precedentes dos
nosos dereitos e que terá unha repercusión enormemente prexudicial sobre
o Servizo Público da Xustiza. O pasado 30 de outubro , coa xustificación
de recuperar os 3 dias de asuntos particulares, o Congreso introduciu no
último momento no arden do dia, "cal cabalo de Troia", a modificación
dos art. 347 bis, 489 ou 521 L.O. P. J., negándose con todo a modificar
o articulo 490, para recuperar o 50% de prazas reservadas para a
promoción interna, ou o art. 504para poñer xa fin aos descontos por I.
T., ou o art. 516 para o recoñecemento da carreira profesional como
concepto retributivo recolleito no EBEP.
A modificación da LOPJ empeora e
mingua as condicións laborais de Xestores, Tramitadores e Auxilios e
provocará:
o Que o centro de destino
sexa todo o municipio. De facto, é o final dos
concursos de traslado, tal e como os coñecemos.
o A mobilidade forzosa
dos traballadores a administración poderá asignarnos a calquera posto
dentro do municipio, por cargas de traballo, baixas, etc.)
o Redución de nomeamento
de funcionarios interinos para cobertura, cargas extra
de traballo, baixas.... pola mobilidade forzosa que haberá entre os
funcionarios titulares para tales supostos.
o Supresión de facto de
partidos xudiciais a través da creación dos tribunais de
instancia.
o A non modificación do Art. 504
provocará unha discriminación flagrante respecto ao
resto dos funcionarios das
Administracións públicas, que non sofren xa descontos por I. T.
o A redución ao 30%
das prazas reservadas para a promoción interna é un
desprezo aos coñecementos e experiencia dos traballadores e
traballadoras da Administración de Xustiza e segue supoñendo un
grave impedimento para o noso desenvolvemento profesional.
o O art. 4 do EBEP
exclúe expresamente ao persoal da Administración de Xustiza, entre
outros, da aplicación directa das súas disposicións por ter lexislación
específica propia. Así, o recoñecemento á carreira profesional
como concepto retributivo debe estar recolleito explicitamente na LOPJ.
Non entendemos nin compartimos que, durante
os últimos meses, os sindicatos convocantes da folga non se puxesen en
contacto co resto de sindicatos con representación en todo o Estado e
nas distintas CCAA para constituír un equipo de traballo,
analizar a situación e discutir as medidas para tomar. Ante un asunto de
tanto calado como a reforma da L.0. P. J., que afecta ao 100% dos máis
de 40.000 traballadores de todo o Estado, ninguén pode actuar en nome
doutros nin arrogarse a representación de todos, e máis aínda cando
algúns destes sindicatos non a teñen nalgunhas CCAA e deixaron de lado a
outros sindicatos que si están representados na Mesa Sectorial do
Ministerio de Xustiza.
Por todo iso, o sorprendente é que
se convoquen CONCENTRACIÓNS desde o martes 6 de
novembro ata o día 16, E MESMO SE ANUNCIE UNHA FOLGA a
nivel estatal a través dos medios de comunicación para o día 16 de
novembro, sen, con carácter previo, CONVOCAR ningunha
ASEMBLEA cos TRABALLADORES E TRABALLADORAS, para informar e
consultarlles as posibles fórmulas de actuación a levar a cabo ante tan
grave ataque contra os nosos dereitos.
Un último exemplo desta desinformación é o
descoñecemento absoluto que temos do contido da reunión urxente
mantida por UXT, CCOO, STAJ e CSI- F co Secretario de Estado o
pasado dia 31 de outubro ás 12 horas. Desde aquí facemos un chamamento a
todos os traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza a
unir forzas e a mobilizarse. Certamente, non é momento de reproches,
pero tampouco de protagonismos nin de xustificacións de ningún tipo.
Dirixímonos a todos e a todas sen exclusión, aos afiliados e aos non
afiliados, nun momento de gravísima importancia e crucial para a defensa
dos nosos lexítimos dereitos, para o que convocaremos en UNIDADE
DE ACCIÓN todas aquelas medidas que estimemos precisas.
FRONTE AO EMPEORAMIENTO DAS NOSAS
CONDICIÓNS LABORAIS E POLO RECOÑECEMENTO DOS NOSOS DEREITOS
UNIDADE PARA DECIDIR, UNIDADE PARA ACTUAR!!