• Número 410
  • 05 de novembro de 2018

CUT - CRTVG

Outro venres negro na CRTVG, e van 24

O pasado día 31 evidenciouse, unha vez máis, a manipulación existente na CRTVG

A loita das traballadoras e traballadores da CRTVG continúa, este é o vixésimo cuarto venres que se mobilizan vestidas e vestidos de negro para reivindicar uns medios públicos sen mordazas e sen manipulación, reclamando, tamén, o cumprimento íntegro da Lei  de Medios.

Neste venres as traballadoras e traballadores centran a súa critica nas privatizacións, desmantelamento e externalización que denuncian que se produce na CRTVG.

24 venres negro

Nesta ocasión a convocatoria ven precedida da demostración da manipulación que o PP fai dos medios públicos que se evidenciou durante a sesión de control parlamentaria realizada o día 31 de outubro.

O XEFE DE PROXECCION SOCIAL DA CRTVG, XAIME ARIAS, MANIPULOU NO MEDIO DA COMISION DE CONTROL PARLAMENTARIA UNHA NOTICIA PUBLICADA NA WEB EN NOVEMBRO DO 17 PARA SOSTER O DISCURSO DO DX SOBRE UNHA SUPOSTA RECTIFICACIÓN? MENTIU SANCHEZ IZQUIERDO?
Neste anaco da comisión de control parlamentaria desta mañá, veredes como Xaime Arias irrompe na sesión para axudar a Sánchez Izquierdo a defenderse das acusacións de Julio Torrado, deputado do PSdeG. Torrado pregúntalle a Izquierdo por que non se rectificou na web a nova falsa emitida o e publicada o 30 de novembro de 2017 sobre a suposta detención do tenente de alcalde de Lalín.
O DX retruca que sí se rectificou na web e Torrado mostra no ordenador a web sen rectificar. Nese momento, Arias irrompe na sala cun ordenador e fala con Izquierdo.
Torrado protesta pola anomalía da situación e lembra aos presentes que o titular da web non está rectificado.
Toma a palabra o DX e manifesta a súa sorpresa porque o titular, contra o que afirma Torrado, está rectificado. O deputado socialista comproba que curiosamente é así e denuncia a manipulación que acaba de producirse na mesma sede parlamentaria.
FIN. Enganouse Torrado coa súa conexión wifi uns minutos antes ou Xaime Arias manipulou un situ esa nova na web da Corporación? Nós, témolo claro. Agardamos que o Parlamento abra unha investigación e depure responsabilidades ata o final. Porque se foi así, Sánchez Izquierdo mentiu, enganado por Arias ou pola conexión wifi de Torrado.
Se puideramos nós abrir un expediente disciplinario con ameaza de despido, un par de señores estaban xa fóra. Maquíllate era una canción de Mecano. Isto acabará por ser un delicto recollido no Código Penal.
WIFI ou ARIAS? QUE OPINADES?
#SanchezIzquierdoDimision
#HaiQueBotalos
#NonAManipulacion
#DefendeAGalega

Outro venres negro nunha CRTVG que asume que os informativos "será o único" que lle quede