• Número 410
  • 05 de novembro de 2018

CUT - Citroën

Continúa a mobilización das traballadoras da limpeza da xunta pola igualdade de dereitos

A igual traballo, igual salario!

O pasado día 31 de outubro, as traballadoras da limpeza da Xunta volveron á carga, concentrándose de novo ás 11 horas no edificio da Xunta en San Caetano, contra a discriminación, reclamando que a igual traballo igual salario.

A denuncia e a reclamación das traballadoras deriva dunha intolerable discriminación ao se dar a circunstancia de que aos seus compañeiros, homes, despois dun tempo traballado na empresa recoñéceselles a categoría de peón especialista, cousa que non ocorre coas traballadoras, a pesar de facer o mesmo traballo e durante o mesmo ou máis tempo que os homes, ningunha delas ten recoñecida esta categoría. Dáse a mesma circunstancia con determinados complementos que cobran os traballadores pero aos que non acceden as traballadoras