• Número 410
  • 05 de novembro de 2018

Universidade

Roupa de traballo, denuncia en Inspección

Non imos consentir que a Universidade incumpra a normativa

O pasado día 2 de novembro, a Xunta de Persoal fixo efectiva a denuncia en Inspección de Traballo polo retraso na entrega da roupa de traballo do ano 2018.

O órgano de representación veuse na obriga de tomar esa decisión despois de que a Xerencia desoíse as reiteradas reclamacións realizadas en reunións que mantivemos e mesmo por escrito. É de salientar neste proceso a dobre vara de medir utilizada pola Universidade ao rexeitar peticións d@s traballador@s por realizar as peticións fóra de prazo mentres que incumpre sistematicamente os prazos que ela mesma establece e que se reflicten na RESOLUCIÓN DA XERENCIA 2/2014, DO 10 DE XULLO DE 2014 SOBRE ROUPA DO PAS FUNCIONARIO

Ver a denuncia