• Número 410
  • 05 de novembro de 2018

Universidade

O xerente incumpre o seu compromiso

Constatamos, unha vez máis, que non entende de sutilezas á hora de presentarlle as demandas

Na reunión do Consello de Goberno realizado o día 29 sinalamos que o xerente, centrado nas labores de control e xestión orzamentaria, desatende as súas funcións de xefatura de persoal. Cando o manifestamos no Consello de Goberno é porque, actuacións e decisións que compre adoptar de xeito urxente en cuestións de interese para o colectivo, postérganse de xeito sistemático.

Sen ir máis lonxe, na reunión coa Xunta de Persoal realizada o pasado día 22 o xerente adquiriu o compromiso de que, na semana do 29 de outubro – a pasada-  enviaría unha proposta sobre os temas debatidos no Grupo de traballo de acción social-conciliación xunto coa recuperación das 35 h. e 100% das retribucións en caso de IT, para adoptar acordos na semana do 5 de novembro.

Despois do requirimento realizado no Consello de Goberno, agardabamos que se dera por enterado e cumprise cos seus propios compromisos. Constatamos, unha vez máis, que non entende de sutilezas á hora de presentarlle as demandas.

O colectivo non pode esperar máis, trataremos co resto da Xunta de persoal, as medidas a adoptar para reverter a situación.