• Número 410
  • 05 de novembro de 2018

Negocios reais

A monarquía: un negocio rendibilísimo (VÍDEO)

Un documental vetado en todos os medios televisivos españois e hackeado reiteradamente en youtube

"Traspasouse a impunidade de Juan Carlos I e os seus negocios a Felipe VI?", empezan preguntándose  os documentalistas da televisión vasca,  autores da reportaxe sobre a fortuna da actual dinastía dos Borbóns.  

Ao longo do documental non só desfilan as contas ocultas en Suíza , cobros de comisións sospeitosas, os amigos interesados... Moitos son os escándalos que rodearon á Monarquía española, á que se acusa de aproveitarse da súa posición para enriquecerse.

No  curso do documental, que por certo, ningunha televisión española se atreveu a ofrecer aos seus televidentes, Roberto Centeno, un home de dereitas  e ex conselleiro delegado de Campsa, explica aos documentalistas de   Radio Televisión Vasca (EiTB)  a fortuna que   os contratos de petróleo lle achegaron a Juan Carlos I, ofrecendo cifras moi precisas como o monarca unhas  substanciosas comisións que puido levalas "crúas".

Guiado por Eider   Hurtado, o equipo trasladouse a Suíza , onde puido  seguir a pista das contas ocultas. Alí  contactaron cun ex banqueiro suízo que  mantén que  as monarquías sempre foron moi boas clientes das "contas suízas

Na Arabia Saudita, o equipo investigador conseguiu o testemuño en exclusiva dun ex empregado da embaixada española en Riad, que confirma o papel que xogou Corinna zu Sayn-Wittgenstein nos supostos negocios do rei emérito no país árabe.

Que tipo de "amizades perigosas"  acompañan a Juan Carlos I e Felipe VI? Hérdanse esas amizades? As imputacións  xudiciais ás que foron sometidos os amigos máis íntimos dos monarcas, xeran sospeitas sobre  o tipo de relacións que manteñen.

Entre estas últimas destaca, por exemplo, o nome de Manuel Prado y Colón de Carvajal, como actor principal nos negocios máis turbios do rei emérito, Quen daba as ordes? Ten tamén amigos controvertidos Felipe VI

Está a seguir o fillo o ronsel do pai?, pregúntanse os documentalistas de EiTB Será Felipe VI o último rei de España?

Por primeira vez, un programa de televisión  pon a lupa sobre a vida do Rei Felipe VI, para descubrir se a Monarquía continua sendo un negocio rendible.

VÍDEO DOCUMENTAL:

A poucas horas de producirse a difusion  deste vídeo  detectáronse reiteradas  tentativas de hackeo para impedir que sexa visionado.   No caso de que se tropece con esa dificultade  tente velo nesta ligazón   Ou trate de atopalo nestoutro.

Así mesmo,   inserimos  dúas reproducións  máis por se volvesen repetirse as operacións de hackeo.

http://canarias-semanal.org/art/23804/la-monarquia-un-negocio-rentabilisimo-video