• Número 410
  • 05 de novembro de 2018

Universidade

A mercantilización da universidade e o conto do ascenso social

A crise do capitalismo, coas súas institucións educativas corruptas, non fai máis que mostrarnos que é imposible conciliar os intereses da clase dominante cos da clase traballadora

A crise do capitalismo, coas súas institucións educativas corruptas, non fai máis que mostrarnos que é imposible conciliar os intereses da clase dominante cos da clase traballadora. 

O conto do ascenso social

Desde hai décadas, véñennos presentando a universidade como unha oportunidade, un trampolín para saltar dunha clase social a outra. Máis lonxe da realidade, a universidade como institución educativa, non é máis que unha engrenaxe de perpetuación dos sectores máis podentes. Unha institución onde neste momento, tan só as clases acomodadas son capaces de permitirse pagar unha taxa anual que non parou de subir, e que resulta insustentable para o conxunto da clase traballadora. Ademais, as sucesivas leis educativas, que desde o réxime do 78 e os seus sucesivos gobernos do PSOE como do PP, non só contribuíron a expulsar aos sectores obreiros da universidade, tamén se dedicaron a construír un modelo cada vez máis concentrado onde resulta case imposible compaxinar a xornada laboral coa realización dos estudos universitarios.

Referímonos concretamente a LOE, aprobada a comezos da década do 2000 e á profundización deste plan coa aplicación do Plan Boloña. Que implicaron, entre outras cousas, o mercadeo dos mestrados como “unha obrigada recomendación” terminada a carreira, xa que neste momento, unha licenciatura sen un mestrado, non permite sequera a validación técnica do título en moitas carreiras. É un “paso por caixa” obrigatorio onde o desembolso na maioría dos casos é enorme e ao alcance de moi poucos.

Precisamente esta mercantilización dos mestrados xerou un mercado paralelo onde o que menos importa é o coñecemento, e si o cumprir como ferramenta segregadora das clases sociais. Desde a aplicación do plan Boloña, o primeiro que che din nada máis entrar na facultade é que sen o mestrado, non vas a ningunha parte, e por outra banda, un só mestrado tampouco chega. Empuxando desta maneira ao estudantado para renunciar, ou a endebedarse para custearse a media ducia de mestrados que esixe o mercado laboral.

Tras ese enorme esforzo para conseguir un diploma universitario temos que enfrontarnos ante un panorama laboral sen expectativas, que nos devolve ao desemprego e á precariedade.

É neste contexto de constante privatización e elitización da universidade, onde estala o escándalo dos mestrados das elites políticas. Unha burla á cara de todos os estudantes que con moito  esforzo, viron, non só que as súas titulacións non só non valen para nada, senón que as propias universidades públicas son un chiringuito onde desde a clase política se reparte alegremente titulacións, sen ter sequera que presentarse un só día de clase. É vergoñoso ver como día tras día, aparecen novos casos de currículos con falsas titulacións e con todo, as dimisións cóntanse cos dedos dunha man. Unhas titulacións que só serven para demostrar o corrupta que está a universidade, e onde as elites políticas queren aparentar coñecementos e capacidades que non se teñen.

Esta febre da titulitis tamén responde a un sentimento xeneralizado da clase obreira que xamais quixo recoñecerse como clase obreira, e por iso o conseguir acceder á universidade supoñía a vía de escape cara a un ascenso social.

A crise do capitalismo, coas súas institucións educativas corruptas, non fai máis que mostrarnos que é imposible conciliar os intereses da clase dominante cos da clase traballadora. Non queda máis remedio que empezar a desprendernos desa idea do ascenso social, dun emprego que nunca acaba chegando e de empezar a facerse á idea de que esta crise non ten fin. De modo que contra os seus intereses, a nosa loita.

LIT-CI