• Número 410
  • 05 de novembro de 2018

CRMH da Coruña

5ª Marcha Cívica pola Devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público

Sábado 10 de novembro, a partir das 12.00 h. no Monumento ás Vítimas da Represión Franquista, no paseo marítimo de Sada

O sábado 10 de  novembro, a partir das 12.00 h., sairá a 5ª Marcha Cívica pola Devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público do Monumento ás Vítimas da Represión Franquista, no paseo marítimo de Sada, cara o pazo de Meirás, onde ás 13.00 h. haberá unha Concentración pedindo a devolución do pazo. Constantemente, tamén a partir das 11.00 ata as 12.45 h., haberá un servizo gratuito de autobuses a disposición das persoas que queiras acudir á concentración. Unha vez rematada esta, e sempre e cando o  tempo así o permita, haberá unha especie de sesión vermút, onde poderemos relaxarnos e comer algo. De seguido,  e a partir aproximadamente das 16.00 h., haberá -tamén se a climatoloxía o permite-, un roteiro arredor do pazo de Meirás, visita guiada por persoas expertas, que nos dirán máis cousas sobre a historia do espolio do pazo de Meirás.

FOLLETO MEIRÁS

http://memoriadacoruna.com/5a-marcha-civica-pola-devolucion-do-pazo-de-meiras-ao-patrimonio-publico/