• Número 410
  • 05 de novembro de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Nesta semana recibimos moitas preguntas e, mediante correo electrónico, algúns de vós puxéchesvos en contacto para mandar consideracións de como se vai proceder coa negociación da nova RPT. Incluso mandastes algunha alternativa e propostas de inclusión. Para non ser reiterativ@s, publicamos un dos correos recibidos que pode resumir o que se sinala noutros que nos mandastes. As propostas de inclusión consideramos, que, de momento, non corresponde sinalalas.

 

Nova RPT

No anterior PASquín publicastes que o xerente e vicerreitores xa están preparando, mediante consultas nos respectivos servizos, a proposta de nova RPT. Como vai facer a Xunta de Persoal?. Realizará asembleas?. Pediranos propostas por correo electrónico?, ou agardará a ter a proposta de Xerencia e despois procederá dalgunha maneira como as sinaladas?. Considero que as traballadoras e traballadores temos moito que dicir.