26/07/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
As previsións coas que a Xunta de Galicia está a redactar os orzamentos para o 2011 inclúen unha redución do gasto non financeiro de case 950 millóns de euros, un 8,6 por cento, co que se situará nos 10.107 millóns tal e como avanzou este luns a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás.
A titular de
Facenda avanzou este luns que o Goberno
priorizará a atención da prestación dos
servizos públicos fundamentais, os
investimentos produtivos, racionalizará os
entes instrumentais e revisará as políticas de
gasto corrente, así como de axudas e
subvencións correntes.
A conselleira de Facenda, Marta Fernández
Currás, explicou que para o vindeiro exercicio
o Executivo verá minguada a súa capacidade de
endebedamento a 729 millóns de euros, á metade
respecto a este ano, pasando do 2,5
actual ao 1,3 por centro do PIB galego. En
total a Xunta disporá duns 800 millóns de euros
menos de recurso á débeda.
Segundo informou a titular de Facenda a
Administración terá no 2011 un total de 964
millóns de euros de ingresos totais menos
respecto ao exercicio en vigor. En canto aos
ingresos non financeiros, a primeira estimación
a Consellería amosa un descenso de 160 millóns
de euros, o que supón un 1,7% menos que o ano
anterior, ata os 9.477 millóns de euros, cifra
que se sitúa nos niveis do 2006.
A estas cifras hai que engadir a referida á
caída de ingresos financeiros (endebedamento),
de 803 millóns de euros, un 52,4 por cento
menos que neste exercicio, até os 729 millóns
de euros.
'Plan Estratéxico'
Na súa
intervención a conselleira de Facenda, Marta
Fernández Currás, explicou que o orzamento do
2011 será o primeiro no que se “introducirá a
filosofía do Plan Estratéxico 2010-
Fernández Currás explicou que a partir de agora
cada euro de cada proxecto que conteña o
orzamento para o ano 2011 deberá estar
directamente relacionado cun obxectivo
específico e deberá ir acompañado dos oportunos
indicadores que permitan determinar o grao de
cumprimento do obxectivo perseguido.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript