Xullo de 2010
 
 

26/07/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Investigadores en defensa do benestar social

 

Co agravamento da crise e a chegada do fin de curso, a Universidade e a comunidade investigadora mostraron alternativas ideolóxicas á crise provocada polo capital.

"As medidas que se están a adoptar non permitirán resolver a crise porque só se encamiñan a facilitar que os de por si máis privilexiados, obteñan máis comodamente os seus beneficios", así de contundentes móstranse os máis de 1.500 profesores universitarios de todo o Estado que subscribiron o manifesto Universitarios contra a Crise no que reivindican unha toma de conciencia da sociedade e máis debate de ideas.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

 

 

En lugar dunha deliberación, lamentan, predomina a imposición "porque os poderes financeiros e económicos se impoñen continuamente ás institucións representativas", o que supón unha ameaza real para o poder soberano depositado nas institucións democráticas. Quérese facer crer á cidadanía que as medidas adoptadas, as consignadas polas grandes corporacións e as burocracias europeas, son as únicas posibles. "Hai outras saídas á crise moito máis eficaces e favorables para o benestar", sosteñen.

Somos conscientes da dificultade de tomar hoxe en día medidas diferentes ás que propoñen a patronal e os grandes financeiros. Pero a experiencia tamén nos ensina que cando a cidadanía se empodera e coñece ben o que pasa ao seu arredor é capaz de influír e de torcer as decisións que lle obrigan a ir polos camiños que non desexa transitar", explican.

Os asinantes defenden unha reforma profunda do sistema financeiro responsable da crise e o modelo público de banca como motor de investimento que permita xerar emprego. Tamén arremeten contra unha reforma laboral elaborada "co propósito principal de debilitar o poder de negociación dos traballadores".

"Tratar de saír da crise reducindo os salarios e as rendas da maioría da poboación é como querer saír do burato tirándose dos pelos", aseguran. En paralelo aprobáronse outros textos como o Manifesto pola Conservación da Biodiversidade que denuncia a "insostenibilidad do modelo produtivo, económico e territorial actual", ou a declaración de expertos subscrita por varias universidades de todo o mundo, que sinala a ameaza para o interese público do Acordo Contra a Falsificación Comercial (ACTA) que negocian as principais potencias para endurecer a lexislación antipirataría de forma similar a como se intentou facer aquí coa Lei de Desenvolvemento Sostible.

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript