UNIVERSIDADE
Unha vez máis constátase a diferencia de tratamento dos asuntos (PAS laboral-PAS funcionario) que fai a xerencia. Mentres que as convocatorias de PAS funcionario progresan axeitadamente, as do PAS laboral durmen no limbo. Tratar diferente aos dous colectivos non lle servíu a Meilán, tampouco lle servirá ao sr. Barja.
Unha vez máis o Consello de Goberno consolida unha situación de desigualdade entre as partes que conformamos a Comunidade Universitaria, mentres que para o PAS raciónanse as prazas e os cartos, as limitacións para o PDI non existen (convértense 7 prazas do programa Isidro Parga Pondal en prazas de PDI fóra do POD).
O link pasóunolo un de vós. Trátase de Iñaki Gabilondo, é unha opinión coa que despide a tempada do seu programa en CNN+. Ao longo da reflexión, o xornalista remata dicindo: Somos súbditos dos mercados, o réxime en que vivimos é unha ditadura; unha ditadura moi particular, unha ditadura disfrazada coas roupaxes da democracia, pero unha ditadura".
As previsións coas que a Xunta de Galicia está a redactar os orzamentos para o 2011 inclúen unha redución do gasto non financeiro de case 950 millóns de euros, un 8,6 por cento, co que se situará nos 10.107 millóns tal e como avanzou este luns a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás.
A directora de mercadotecnia de Monster para España, Verónica Miló, explicou nun comunicado que a pesar das recentes rebaixas salariais, para moitas persoas "traballar como funcionario é sinónimo dun emprego con múltiples vantaxes, sobre todo para quen ten familia e quere conciliar ao máximo a súa vida laboral e persoal."
Entón porqué tanta animadversión?.
Serán, pois, 8 noites de pirotecnia cun custe de máis de 356.000 euros. a mesma semana que a Xunta e o Estado anuncian recortes no investimento público.
Últimas convocatorias de prazas nas universidades galegas
A Real Academia Galega (RAG) interpuxo un recurso contencioso administrativo contra o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario. A Mesa pola Normalización Lingüística solicitou a través dun escrito ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) “a suspensión da vixencia” do decreto do plurilingüismo “ou subsidiariamente a dos artigos que limitan a presenza do galego en educación infantil e que prohiben a docencia neste idioma dalgunhas materias”.
A CUT volverá saír as rúas, desta vez en Compostela, para mostrar a súa oposición ás reformas do sistema capitalista, reformas que non pretenden outra cousa que reformular o sistema de cara unha explotación maior da clase traballadora. Comos vimos facendo nos últimos dous anos, imos dicir ben alto que o proletariado galego non vai tragar con esta situación, e imos tamén preguntar novamente onde están os que din defender os intereses dos traballadores e traballadoras galegas. O 28, ás 20 horas, agardámovos na Alameda de Compostela.
"As medidas que se están a adoptar non permitirán resolver a crise porque só se encamiñan a facilitar que os de por si máis privilexiados, obteñan máis comodamente os seus beneficios", así de contundentes móstranse os máis de 1.500 profesores universitarios de todo o Estado que subscribiron o manifesto Universitarios contra a Crise no que reivindican unha toma de conciencia da sociedade e máis debate de ideas.
Este 20 de Xullo de 2010, a Praza Amada García de Ferrol acolleu unha nova concentración, convocada polo Comité Cidadán, para denunciar e protestar pola entrada na Ría do buque metaneiro "Gemmata" que transportaba a súa perigosa carga para Reganosa, a Planta de Gas instalada no corazón da nosa Ría, no concello de Mugardos.
Diário Liberdade - Neste sábado fomos recebidos polo secretário-geral da Central Unitária de Traballadores (CUT) na sede nacional do sindicato...
Contra os que nos oprimen política e economicamente, folga xeral xa!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript