29/07/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Felicidades aos traballadores do Metro de
Madrid
Dou o meu parabén aos traballadores do Metro de
Madrid polos seus logros. O resto de
funcionarios seguiremos cos recortes previstos
e quizais nos poñan máis pola nosa pasividade e
conformismo.
Se ben é certo que hai que facer recortes, non
é xusto que se fagan a infinidade de
funcionarios que roldan os 1.000 euros ao mes:
hai moitos sitios onde recortar.
Minguar a calidade dos servizos públicos coa
baixada de soldos aos funcionarios e privatizar
a sanidade e a educación non é a mellor
solución. Pero si deberían controlarse as miles
de contratas privadas que realizan a función
pública, xa que estas concesións supoñen un
dispendio bestial e un enriquecemento dalgúns a
custa dos impostos de todos. Saber o que se
desborda en multitude de obras e servizos
innecesarios ou presupostados abusivamente
sería unha forma de ir controlando estes
gastos.
O mundo que queremos para os nosos fillos
A igualdade de trato entre homes e mulleres foi
un dos principios fundacionais da Unión Europea
e unha loita constante dende hai medio século.
A estas alturas, a propia Unión Europea aínda
está na obriga de considerar "expresamente
inaceptable" a violencia contra as mulleres en
todas as súas formas e recoñece que en Europa
son moitas as mulleres e nenas que sofren
agresións ou explotación sexual, e ven
vulnerados os seus dereitos fundamentais á
liberdade, dignidade e seguridade e integridade
persoal.
Xa non se trata unicamente dunha loita obrigada
das diferentes administracións públicas e
gobernos, senón que a propia sociedade continúa
xerando unha prepotencia e un odio machista, a
idades moi temperás, difícil de controlar. A
violación e asasinato de varias rapazas menores
de idade por parte dos seus noivos ou de amigos
da súa mesma idade débenos facer reflexionar
sobre a sociedade que desexamos e os valores
que transmitimos dende a escola e a propia
familia aos nosos fillos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript