Outro venres negro na CRTVG

O venres 26 @s traballador@s da CRTVG volveron á
carga con outro venres negro, e xa van 23. Como en convocatorias
anteriores @s traballador@s reclaman o cumprimento íntegro da Lei
de Medios e manifestan publicamente o seu rexeitamento ao
estrito control e manipulación da información que o goberno autonómico
impón nos medios de comunicación públicos.
Fotos
O persoal da CRTVG cumpre cinco meses de
protestas contra a "manipulación"
Cico meses. Son os que leva o
persoal da CRTVG mobilizándose nos denominados venres negros, reclamando
o cumprimento íntegro da Lei de Medios Públicos aprobada sete anos atrás
e denunciando a "manipulación" nos seus contidos informativos. Son xa 23
as xornadas de protesta que, desta vez, reivindican o "servizo público"
que supoñen ou deberían supoñer a Radio Galega e a TVG.
Foi antes do verán, o 25 de maio pasado, cando
persoal da CRTVG decidiu unirse por primeira vez aos venres negros
impulsados polos seus compañeiros de RTVE. Fixérano en solidariedade
coas súas demandas e para esixir a creación do Consello de Informativos
e a fin da devandita manipulación nos medios públicos galegos. Era unha
novidosa protesta, na que moitos xornalistas, operarios e demais
empregados vestiran de negro e concentráranse na entrada principal das
instalacións de San Marcos, así como noutras delegacións, ademais de
difundir as súas mensaxes e as súa fotografías vestidos con roupa escura
nas redes sociais.
CCinco meses despois, e no 23º venres negro,
o loito continúa sendo protagonista logo de que as protestas cesasen na
RTVE. E o persoal mobilizado confía en que dea os seus froitos.
"O guión do futuro da CRTVG escribímolo os profesionais. Chegarán o
Estatuto Profesional, o Consello de Informativos, a reapertura das
delegacións pechadas e unha grella plural e comprometida", explican
desde o colectivo Defende A Galega, que acusan a dirección da
Corporación de "desmantelar, manipular, desmotivar, incumprir a Lei de
Medios e eliminar as desconexións locais e o Diario Cultural/i>".
A protesta deste venres chegou só uns días despois
de que se coñecese o
arquivo por parte da CRTVG do expediente aberto á xornalista que
criticou ante Feijóo o control informativo nos medios públicos. A
dirección dos medios públicos pechou o proceso sancionador contra Tati
Moyano entre críticas á vaga de solidariedade coa xornalista, que
encadra nun "xuízo mediático e político". Cinco días despois da gala
contra o cancro na que a xornalista aludiu ás protestas dos venres
negros expedientárona esgrimindo "indicios" de que se maquillara na TVG
para presentala.
OO persoal en protesta considerou o arquivo do
expediente "unha vitoria cunha evidente dimensión colectiva e
social", así como "unha derrota para os que intentan silenciar
a mobilización dos profesionais dos medios públicos, en permanente
estado de resistencia desde hai cinco meses". Nesta loita, ademais,
piden "a implicación da sociedade galega".
A mobilización deste venres encádrase, ademais, na
mesma semana na que se coñeceu a
terceira condena xudicial á Xunta por vulnerar o dereito a secundar a
folga feminista do 8M, dúas delas en referencia á
vulneración cometida co cadro de persoal da CRTVG. Nesta mesma
semana, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda,
difundiu unha carta enviada ao director da CRTVG hai unha semana na
que reclamaba cobertura sobre a súa actividade no Parlamento Europeo e
denunciaba o tratamento informativo que si deron dun chío seu publicado
o pasado 30 de xullo.
http://praza.gal/movementos-sociais/17749/o-persoal-da-crtvg-cumpre-cinco-meses-de-protestas-contra-a-manipulacion/?fbclid=IwAR3RgDFwQBYPEPQZEiuf_yztHi3cUb1MWcFK7fCUAf-eutMdTsMkZnlyqGI