• Número 409
  • 29 de outubro de 2018

CUT - Marchas da Dignidade

Contra a Estafa Eléctrica En Defensa da Terra

En Galiza, as multinacionais mineiras esquilman a terra e contaminan os ríos e o mar

Pensádeo ben. En Galiza, as multinacionais mineiras esquilman a terra e contaminan os ríos e o mar. As empresas eléctricas enchen os nosos ríos de minicentrais e os montes de turbinas eólicas, e ademais usan centrais térmicas que fan que o noso país sexa un dos máis afectados pola choiva ácida.

E todo iso para que? para ter a electricidade máis cara da historia xusto cando vai chegar o frío? para perder os nosos ríos pola contaminación da minería? para perder a riqueza marisqueira das nosas rías?

Non podemos quedar calados mentres arrasan co que é noso. Por iso iremos a Touro o día 1 de decembro, unha localidade que é símbolo de loita e tamén de maltrato do país, de risco para as xeracións futuras.

Ven con nós, loitemos conxuntamente contra a estafa eléctrica e pola defensa da Terra.