Ferrol. Saneamento Si. Estafa Non!

Pasadas as 7 da tarde deste xoves 18 de outubro,
comezaba a manifestación que a Plataforma convocou, con saída da Praza
Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Ao
berro de "Saneamento Si, Estafa Non !!", sobre unha cincocentas
persoas comezaban a marcha que transcorreu por varias rúas de Ferrol até
chegar á parte traseira da Casa do Concello na rúa María, onde
interviron Alexandre Carrodeguas e Lupe Ces como membros
da Plataforma. Perante a marcha foron-se enumerando as reivindicacións
contra os abusos de Emafesa e a complicidade do goberno de Jorge
Suarez que continuou mantendo a estafa iniciada polo seu predecesor
José Manuel Rey Varela.
Con anterioridade o pasado martes 16 de outubro
entregaba-se, no rexistro do Concello, unha carta dirixida ao Alcalde
coas demandas veciñais asinada por 2.267 persoas. Como cumio dun proceso
de información e contacto coa veciñanza nun período dun mes con
numerosos actos nos diferentes barrios do Concello, tanto foron
mesas-info como na última semana complementado coa proxección do
documentario "Trileros del Agua", de Ricardo Gamaza, un moi
importante traballo de xornalismo de investigación
Vídeos coas intervencións de Alexandre
Carrodeguas e Lupe Ces
Intervención de Alexandre
Intervención de Lupe -1 de 2-
Intervención de Lupe -2 de 2-
Galería Fotográfica de vari@s persoas. |
Acceder/Baixar.
A manifestación segundo os medios:
Auga - 2018.10.19 | Diario de Ferrol | Os
veciños saen á rúa polos "abusos" na xestión da auga. | Redacción
Ferrol | 19 de Outubro de 2018. | Os manifestantes concluíron a marcha
na parte traseira do Concello | En torno a 500 persoas saíron onte á
rúa, convocadas pola Plataforma en Defensa dúas Servizos Públicos,
contra a "estafa" e o "saqueo" aos que somete a Empresa
Mixta de Augas "Emafesa" aos cidadáns. |
Ir á Web
Auga - 2018.10.19 | La Voz de Galicia |
Centos de ferrolanos contra Emafesa. | A Plataforma pola
remunicipalización clama polas rúas de Ferrol contra as «prácticas
fraudulentas» da empresa mixta e a xestión do goberno local. |
Ir á Web.
Auga - 2018.10.18 | Galici@Press | Unhas 500
persoas maniféstanse en Ferrol para demandar que a empresa mixta de
augas os deixe de "estafar e saquear". | Os veciños critican a inacción
do goberno de Jorge Suárez e a imposición dos criterios desde a parte
privada. | Europa Press | xoves, 18 de outubro de 2018, 20:36 |
Ir á Web.
Auga - 2018.10.18 | TV de Ferrol | A
manifestación da Plataforma, do 18 de outubro de 2018, contra os abusos
de Emafesa e a complicidade do goberno de Jorge Suarez que
continuou mantendo a estafa iniciada polo seu predecesor José Manuel
Rei Varela, nos Informativos de
TV Ferrol. |
Abrir Vídeo.
Foto de Jacobo Ameneiro. | Inicio da
manifestación na Praza Amada Garcia.
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA
REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com |
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
https://artabra21.blogspot.com/2018/10/asi-foi-manifestacion-do-18-de-outubro.html