• Número 409
  • 29 de outubro de 2018

Universidade

Resumo da reunión Xerencia-Xunta de Persoal do día 22

29 de outubro de 2018 | Como vos informamos, o luns 22, convocados pola Xerencia, realizouse unha reunión que tiña como único punto da Orde do día a revisión da Oferta de Emprego Público de 2018. A este único punto, a Xunta de Persoal intentou engadir os puntos, que na reunión do día 18, considerara de urxente toma de decisión.

Universidade

        

Día 29, reunión do Consello de Goberno

29 de outubro de 2018 | O vindeiro luns, día 29 de outubro realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, que coincida a sesión o mesmo día que se difunde este boletín dificultará a posible comunicación cos nosos representantes para que estes transmitan as vosas inquedanzas e parecer sobre as cuestións que nos afectan, aínda así reiteramos a firme vontade de vehiculizar nos órganos de goberno a vosa voz.

Universidade

        

Mobilización contra os Orzamentos 2019, se non é agora, cando?

29 de outubro de 2018 | O PP ten xa preparados os Orzamentos do ano 2019, pero aínda lles queda por cumprir o proceso de discusión en comisión, coa correspondente presentación de emendas por parte da oposición... É dicir, temos aínda tempo para despregar un amplo calendario de mobilizacións que obriguen aos que nos gobernan a devolvernos o que nos roubaron.

Universidade

Calendario laboral 2019

29 de outubro de 2018 | Xa é oficial, a decisión do Consello de Goberno da Xunta de Galicia sobre os días festivos non laborables do ano 2019 publicouse no DOG do día 24 de outubro. Seguimos a manter a dúbida sobre as festas locais de Ferrol, aínda por definir oficialmente.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

29 de outubro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

AEAT - IRPF

A Axencia Tributaria informa sobre como reclamar a devolución do IRPF da baixa por maternidade

29 de outubro de 2018 | A Axencia Tributaria ven de publicar o modelo oficial de reclamación das cantidades satisfeitas en concepto de IRPF durante a baixa por maternidade. No ficheiro que xuntamos inclúense as instrucións para realizar a reclamación.

CUT

Nova condena á Xunta por vulnerar o dereito á folga do 8M ás traballadoras do 061

29 de outubro de 2018 | A Secretaría das Mulleres da CUT critica que a Administración declarase uns servizos mínimos abusivos nun servizo constituído por mulleres, nun intento “patético” por calar a folga do 8M. A delegada da CUT, Carmen Taboada, ve un “gran logro” nesta sentenza que lle coloca unha raia vermella á Xunta que nunca máis volverá a traspasar.

CUT

Resultados históricos en Citroën: CUT segunda forza entre as traballadoras e traballadores de produción

15 de outubro de 2018 | A CUT, con 4 delegadas, sitúase como segunda forza en produción. O sindicato amarelo FSI revalida unha agora amarga maioría. UGT colócase con 4 delegadas, CCOO con 3 representantes e CIG con 2.

CUT

CUT e CIG solidarízanse coa loita das traballadoras da limpeza da Xunta

29 de outubro de 2018 | As traballadoras da limpeza da Xunta de Galiza, privatizada e actualmente xestionada pola empresa Grupo Norte, levan desde o pasado 24 de maio na rúa reclamando a fin da clasificación profesional sexista e da discriminación salarial por razóns de xénero.

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

Valoración dos plans de recuperación "negociados" polos pseudosindicatos

29 de outubro de 2018 | Despois de tres meses de folga e máis de 500 horas laborais perdidas pol@s traballador@s e a traizón de SPJ-USO, CCOO, UGT, CSIF, agora o Pseudosindicato de cabeceira da Xunta de Galicia intenta VENDER uns "plans de recuperación coherentes e razoables".

CUT - UDC

Segundo a EPA aumenta o emprego. Facemos unha festa ou rebentamos as rúas?

15 de outubro de 2018 | Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) baixou o paro en Galiza durante o último verán en 22.000 persoas. Agora mesmo segundo a enquisa temos en Galiza 153.000 persoas en situación de desemprego, cunha redución do 12,6 respecto do ano anterior. Até aquí o que cacarexaron os medios.

Represión - CRTVG

A CRTVG arquiva o expediente á xornalista que criticou ante Feijóo o control informativo nos medios públicos

29 de outubro de 2018 | A dirección xeral de Recursos Humanos da Corporación Radio e Televisión de Galicia vén de arquivar o expediente aberto o pasado verán á xornalista Tati Moyano.

CUT - CRTVG

Outro venres negro na CRTVG

29 de outubro de 2018 | O venres 26 @s traballador@s da CRTVG volveron á carga con outro venres negro, e xa van 23. Como en convocatorias anteriores @s traballador@s reclaman o cumprimento íntegro da Lei de Medios e manifestan publicamente o seu rexeitamento ao estrito control e manipulación da información que o goberno autonómico impón nos medios de comunicación públicos.

Loita Social

A loita d@s veciñ@s da Patiña, Cambre

29 de outubro de 2018 | Os veciños e veciñas da Patiña, manifestáronse o día 25 polas dende as súas vivendas até o centro de Cambre para reclamar das institucións unha solución habitacional ante a decisión da inmobiliaria do Banco Santander de non renovar os contratos de aluguer.

CUT - Marchas da Dignidade

Contra a Estafa Eléctrica En Defensa da Terra

15 de outubro de 2018 | Pensádeo ben. En Galiza, as multinacionais mineiras esquilman a terra e contaminan os ríos e o mar. As empresas eléctricas enchen os nosos ríos de minicentrais e os montes de turbinas eólicas, e ademais usan centrais térmicas que fan que o noso país sexa un dos máis afectados pola choiva ácida.

Pensións

Os pensionistas galegos cobran a segunda pensión máis baixa de todo o Estado

29 de outubro de 2018 | Os datos publicados este venres polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Traballo evidencian a baixa remuneración e precariedade do emprego en Galiza ao certificar, unha vez máis, que as persoas xubiladas gozan da segunda pensión máis baixa do Estado, só por diante d@s de Estremadura.

Loita Social

Ferrol. Saneamento Si. Estafa Non!

29 de outubro de 2018 | Así foi a manifestación do 18 de outubro contra os abusos de Emafesa e a complicidade do goberno de Jorge Suarez que continuou mantendo a estafa iniciada polo seu predecesor José Manuel Rei Varela - Galería Fotográfica e Vídeos cos intervencións de Alexandre Carrodeguas e Lupe Ces - Enlaces á nova nos medios

Luita Social

Plataforma Lugo sem mordaças exige “retirada efetiva” do projecto de ordenança e anuncia que continuará na rua

29 de outubro de 2018 | Numha rolda de imprensa convocada na passada semana, e silenciada pola maioria da mídia empresaria, a Plataforma manifestou a sua desconfiança face as promessas do governo municipal.

Pobreza

Cando o mercado laboral produce pobreza

29 de outubro de 2018 | A EAPNes vén de presentar no Senado o seu oitavo informe sobre pobreza e exclusión social no Estado español. Hai máis traballo, pero hai menos renda. Todos os grupos sociais perden renda real, co engadido de que as diferenzas entre grupos son grandes e de que os pobres son máis pobres aínda.

Antifascismo

O Parlamento Europeo reclama a ilegalización da Fundación Francisco Franco

29 de outubro de 2018 | O Parlamento Europeo aprobou este xoves unha resolución na que reclama a prohibición de grupos e organizacións neofascistas e coa que abre a porta á ilegalización da Fundación Francisco Franco. Con 355 votos a favor, 90 en contra e 39 abstencións, o documento insta as autoridades estatais a que prohiban de xeito efectivo esas asociacións neonazis e fascistas "e calquera outra fundación ou asociación que exalte e glorifique o nazismo e o fascismo".

Universidades

Os reitores ceden ao Santander a xestión da app oficial das universidades públicas

29 de outubro de 2018 | A Conferencia de reitores (CRUE) lanza unha app cun propósito académico, pero dan ao banco unha vía exclusiva para ofrecer os seus servizos financeiros á comunidade universitaria. Esta ferramenta permite ao Santander, coa autorización do usuario, conseguir datos persoais e académicos de alumnos e profesores para "elaborar perfís" e ofrecer servizos financeiros individualizados. Os reitores confesan que non fixeron ningún estudo económico dos beneficios que sacará a compañía deses datos, nin teñen unha estimación do número de usuarios que cederon xa a súa información

Lingua

Endesa admite que non atende en galego e atribúeo á escaseza de clientela que o pide

29 de outubro de 2018 | Cando, o 24 de xullo de 1997, o Consello de Ministros do Goberno de José María Aznar deu luz verde á operación que "implica a perda da maioría pública" en Endesa, isto é, á privatización completa da compañía, a que fora empresa eléctrica estatal levaba xa máis de vinte anos a deixar unha pegada indeleble en Galicia.

Antifascismo

“Madrid sen Franco nin franquismo”

29 de outubro de 2018 | Centos de persoas secundaron en Madrid a manifestación convocada polo colectivo ‘Os xoves pola memoria histórica’ para denunciar o posible e inminente traslado dos restos do ditador Franco á catedral da Almudena.

Represión

Álex García: “A loita máis importante contra a represión é seguir loitando e non acovardarse"

29 de outubro de 2018 | Alex García, é un documentalista que desde 2013 vén publicando os seus traballos na canle Resistencia Films de youtube, que el mesmo creou. Durante 4 anos Alex alimentou a súa canle con vídeos documentais que retratan situacións de inxustiza, represaliadxs pola súa loita política e social, etc…

Opinión -Héctor Tejón

O sentido común en construción. O fascismo que ven

29 de outubro de 2018 | No barómetro do CIS de setembro pregúntase, coma sempre, cales son os principais problemas que existen en España. Sendo “o paro”, “a corrupción” e “a clase política”, por esta orde, os mais citados, seguidos dos problemas de “índole económica”, “a independencia de Catalunya” (un dereito político convertido en problema) e a mais distancia a “inmigración”.

Videos