• Número 409
  • 29 de outubro de 2018

CUT - UDC

Segundo a EPA aumenta o emprego. Facemos unha festa ou rebentamos as rúas?

O emprego creado é precario, estacional e en moitos dos casos parcial

Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) baixou o paro en Galiza durante o último verán en 22.000 persoas. Agora mesmo segundo a enquisa temos en Galiza 153.000 persoas en situación de desemprego, cunha redución do 12,6 respecto do ano anterior. Até aquí o que cacarexaron os medios.

O optimismo oficial agocha unha realidade moito máis prosaica, as cifras están aí e non se poden negar pero coas cifras non se come, detrás deses números escóndense circunstancias que neses medios, ou ben se reflicten en letras pequenas ou nin sequera aparecen.

O emprego creado é precario, estacional e en moitos dos casos a tempo parcial. Cabe subliñar que desa cifra na que se sinala a baixada do desemprego, 11.100 contratos eran de menos dun mes, situándose a taxa de contratos a tempo parcial, non desexados, nos 56,6 puntos.

O desemprego e o subemprego orixinan situacións na nosa nazón de verdadeira emerxencia social, segundo a Enquisa conxuntural a fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE), máis do 50% dos fogares galegos chegan "con dificultade ou moita dificultade" a fin de mes, fronte a un 47,28% que chega con "facilidade ou moita facilidade".

Segundo se sinala na enquisa todos os indicadores diminúen, o indicador de situación financeira persoal, cun descenso de 3,06 puntos; o de capacidade futura de aforro diminuíu en 1,73 puntos e o da situación económica de Galicia, que diminuíu 3,79 puntos. Nesta enquisa que se refire ao primeiro trimestre deste ano o Indicador de Confianza del Consumidor reflicte un valor de -10,85 puntos, 1,89 puntos por debaixo do referido ao trimestre anterior.

Por moito que se trate de esconder, a realidade salta á vista desmentindo o entusiasmo oficial. A situación non está, de ningún xeito, para facer unha festa, quédanos polo tanto ...