• Número 409
  • 29 de outubro de 2018

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

Valoración dos plans de recuperación "negociados" polos pseudosindicatos

Para AXG-CUT este plan é unha merda, incoherente e irracional

Despois de tres meses de folga e máis de 500 horas laborais perdidas pol@s traballador@s e a traizón de SPJ-USO, CCOO, UGT, CSIF, agora o Pseudosindicato de cabeceira da Xunta de Galicia intenta VENDER uns "plans de recuperación coherentes e razoables".

Para AXG-CUT este plan é unha merda, incoherente e irracional, polos seguintes motivos:

o   O plan chega con "moitos meses de retraso": os pseudosindicatos en ningún momento informaron da situación da negociación, e, moito menos, propuxeron algún tipo de medida de presión, seguramente porque xa lles tiñan pechado todo desde o minuto un.

o   O importe por hora que aboarán está moi por debaixo das prolongacións de xornada.

(sobre un total de 10 HORAS)

PROLONGACION XORNADA

HORAS EXTRA – PLAN ACTUACIÓN

XESTION PROCESUAL

330€

299,70€

TRAMJTACION  PROCESUAL

270€

226,60 €

AUXILIO XUDICIAL

240€

170,30€

A igual período de tempo traballado, 1O horas, (aínda que os plans serán sobre un total de 2O h/mes) a perda adquisitiva oscila entre os 30€ e os 70€ por traballador segundo  ó corpo ao que pertenza.

o   INCUMPRE O RECOLLI DO NO PUNTO 8° Plan de actuación e recuperación do traballo por causa das xornadas de folga do acordo asinado entre pseudosindicatos e a Xunta:

"....Este plan de actuación por obxectivos procurará acadar, dentro do marco do acordado de conformidade co establecido no parágrafo precedente, a recuperación d e, polo menos, o 80 % do traballo atrasado por mor da folga ou como resultado dela ........
....Este plan abarcará a totalidade das oficinas xudiciais de Galicia e todos os corpos ao servizo da Administración de xustiza de Galicia."

 

o   Con esta segunda fase do Plan de recuperación, con data de inicio no 15 de outubro, e remate o día 15 de novembro, e tal e como se contempla na nota colgada na intranet, SÓ ESTAN GARANTIDAS 20 HORAS MÁXIMO POR TRABALLADOR NOS ÓRGANOS ENGLOBADOS NESTA SEGUNDA ETAPA.

De feito, por ningunha parte se fala dos XULGADOS DE PAZ,, onde os auxilios xudiciais non tiñan servizos míninos, ou dos SERVIZOS DE ATENCION AO CIDADÁN, cux@s traballador@s non tiveron servizos mínimos durante a folga.

O goteo de información por parte da Administración, que só plantexa o devandito plan a un mes vista, e tendo en conta que foron máis de 500 horas de traballo as perdidas durante a folga, QUEDA MOI LONXE O 80 POR CENTO ACORDADO E ASINADO AQUEL 23 DE MAIO.

o   Con estes plans, A XUNTA DE GALICIA PRETENDE "FACER CAIXA", esquecendo, unha vez máis, o servizo público da Xustiza Galega Entre a 1ªe 2ª fase a xunta gastará soamente 405.000 €, mentres que durante a folga recadou mais de 4.000.000€ en nóminas. UNHA ESMOLA.

o   "ESQUECEMENTO INTENCIONADO" por parte da Xunta dos XULGAD OS DO PENAL, DE INSTRUCIÓN, DO CONTENCIOSO OU VIXILANCIA PENITENCIARIA.

O que pretende é que sexan @s traballador@s @s que, a base de voluntarismo, saquen o traballo acumulado, xa que a Xunta é coñecedora de que as cargas de traballo de moitos destes xulgados superan en gran medida os módulos fixados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, que tras a parálise ocasionada pola folga, alcanzan números que non se recuperarán en moitos anos.

o   Os plans de actuación son XENERICOS E INXUSTOS, da igual se no xulgado o seguimento da folga foi polo 100% do cadro de persoal ou o 0%: poden apuntarse traballador@s que non foron nin un só día á folga e non se valoran as cargas de traballo que cada órgano ten, senón se se fai de xeito xeral para todos.

Entón a pregunta é....

Para que retrasaron a Xunta e os ''outros'' os plans de actuación DURANTE SEIS MESES se non fixeron ningún estudo de cargas de traballo?