As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Paralizados
É normal, nesta universidade, que a Xerencia sexa
unha rémora a hora de actuar, case sempre lle interesa dilatar as
cousas. O normal é que fronte a ese interese en “retrasar” a Xunta de
Persoal empuxe para que isto non se produza ou se produza con menos
frecuencia e que teña os menores efectos posible. Se miramos, xa non
digo a novas negociacións, refírome ao xa acordado, vemos que nas
promocións lévase un ano de retraso. Non me sorprende a actitude do
xerente, aínda que non sexa máis que por aforrarse no PAS a miserenta
cantidade de diñeiro que supón levar a cabo os acordos. Sorpréndeme a
parálise na que entrou a Xunta de Persoal que non reclama, coa forza
necesaria, que se cumpran os acordos.
Formación
Discrepo do método elixido para a concesión da
formación na convocatoria extraordinaria de novembro. Habería que
habilitar algún método que fose máis equitativo. Recorro ás preclaras
mentes das persoas que forman parte da Xunta de Persoal para que debatan
e articulen un xeito máis democrático de acceso á formación. Xa sei que
este é un proceso extraordinario, que hai pouco tempo e que niso se
xustifica o procedemento elixido pero entendo que se debe establecer
outro.