• Número 409
  • 29 de outubro de 2018

Luita Social

A loita d@s veciñ@s da Patiña, Cambre

Unha solución alternativa sería a adquisición por parte da administración do inmoble

Os veciños e veciñas da Patiña, manifestáronse o día 25 polas dende as súas vivendas até o centro de Cambre para reclamar das institucións unha solución habitacional ante a decisión da inmobiliaria do Banco Santander de non renovar os contratos de aluguer.

As familias afectadas, 27, moitas delas con axudas dos servizos sociais, vivindo en pisos de protección oficial, en réxime especial, están agora en mans deste fondo voitre que pretende desaloxalos coa finalidade de especular coas vivendas.

Organizad@s na plataforma A Patiña en Loita publicaron unha folla informativa na que explican a súa situación.