Reunión da Xunta de Persoal

Como vos sinalamos no
anterior PASquín, asistimos á reunión da Xunta de
Persoal co ánimo de retomar a iniciativa para que se resolvan dunha vez
as importantes cuestións sobre as que a Xerencia adoptou, de facto, a
decisión de non executalas a curto prazo.
No camiño sinalado tomáronse as seguintes
decisións:
Instar á Xerencia a realizar unha reunión para
resolver dunha vez:
Promocións 2018. Segundo o
acordado no ano 2015:
No primeiro trimestre realizaranse a oferta e
convocatorias seguintes:
- a promoción interna das restantes prazas das
subescalas especiais, agás as de laboratorio.
- 25 prazas da escala xeral C1 a A2
- 7 prazas da escala A2 a A1
Estamos rematando o ano e o acordado sen
levar a efecto
Inmediata convocatoria do Concurso
de méritos no SIC. Segundo a folla de ruta acordada no
ano 2015, correspondía a convocatoria do concurso antes de se convocar
as promocións, a convocatoria de promocións xa se realizou e o concurso
está na neveira.
Adoptar as decisións que corresponda sobre os
puntos debatidos no Grupo de traballo de acción
social-conciliación. As propostas discutidas no Grupo xa se
debateron coa Xerencia, non obstante están sen levar a efecto.
Recuperación das 35 horas e do 100% do
salario en caso de IT
Roupa de traballo:
Denunciar en Inspección de Traballo o incumprimento pola Universidade da
Resolución de Xerencia 2/2014 de 10 de xullo de 2014 sobre roupa de
traballo do PAS funcionario.
Outro dos importantes asuntos debatidos foi o da
consulta ao colectivo mediante voto electrónico sobre
as puntuacións das fases de concurso e oposición nas convocatorias de
quenda libre e proceso de estabilización.
APA, diante da división existente no seo da Xunta
de Persoal neste punto é partidaria de que sexa o colectivo o que tome
directamente a decisión. Porque:
-
· Pola nosa filosofía e forma de actuar, por algo nos denominamos como Alternativa de PAS Asemblearia, entendemos que debe recaer no colectivo a toma de decisión sobre as cuestións que lle afectan.
·
O nacemento da CUT na UDC deriva, precisamente dunha
situación semellante só que á inversa do que sinala CCOO no seu
comunicado. Na primeira consulta sobre a funcionarización os sindicatos
presentes no Comité de Empresa (CIG, CCOO,USO e UGT), coa escusa de que
non estaban afectad@s, non permitiron que o persoal interino votase.
Encabezamos a resposta a unha decisión que nos parecía non só inxusta, tamén entendiamos que era ilegal
porque consideramos que tod@s @s traballador@s eran suxeitos dos mesmos
dereitos. Polo mesmo motivo consideramos que a consulta debe ser
realizada a todo o colectivo, e porque, neste caso, o persoal
funcionario de carreira debe ter tamén a facultade de decidir como se
accede ao seu corpo.
·
A nosa historia corrobora o apego e a utilización da consulta @s
traballador@s, consulta que levamos até o extremo de que,
coñecendo incluso que o resultado era practicamente seguro que non sería
o que a nós nos gustaría, instamos o pronunciamento do colectivo
igualmente.
Polo tanto, co apoio da maioría da Xunta de Persoal
a consulta realizarase.
Cando se publique este artigo, o
luns, 22 de outubro, estaremos desde as 9:30 horas reunid@s co
xerente
ao que xa lle requirimos se tratasen estes puntos na orde do día. O
xerente respondeu establecendo que só informaría, que non se adoptarían
decisións ao respecto.
O noso proxecto non pode ser o de seguir dilatando
a conclusión de tan importantes cuestións.