Mobilización en Uviéu contra os premios da vergoña

Por sétimo ano consecutivo, convocados polas Marchas da Dignidade de Asturies, as traballadoras e traballadores da CUT acudimos a Uviéu para participar na manifestación que, desde a praza do Concello, percorrendo as rúas máis céntricas rematou na praza da Escandalera protestando contra a celebración dos Premios Príncipe de Asturias, un acto de ostentación que ofende aos asturianos e asturianas e a toda a cidadanía que padecemos os recortes de dereitos sociais e laborais.
A mobilización ten a finalidade de que se decaten
da nosa indignación, poñendo de manifesto o noso rexeitamento á monarquía fascista e a todo o seu séquito de explotadores corruptos que participan neste pomposo acto.
Facemos un percorrido gráfico polo desenvolvemento da mobilización.
A Garda Civil detén o autobús, nun control “de
armas e drogas”. Identifica a tod@s as viaxeir@s, ao non
atopar nin armas nin estupefacientes proseguimos a viaxe.
Chegada a Uviéu, xantar
Manifestación
Concentración na Excandalera
Vídeo