‘Malas linguas’, unha iniciativa para dar resposta ao “neofranquismo lingüístico”

'Malas linguas. Activando
falantes para o século XXI' é o título das catro xornadas
organizadas pola área de Normalización Lingüística da Deputación da
Coruña e que se desenvolverán entre outubro deste ano e abril de 2019.
Unha cita, explicou a vicepresidenta da Deputación, Goretti
Sanmartín, coas que “contribuír a abrir un espazo de debate
sobre as linguas e sobre o caso do galego, e afondar na necesidade de
que o estado sexa de verdade democrático e plurilingüístico, no que
todas as persoas poidan vivir e traballar na súa propia lingua”.
"Queremos activar un argumentario para o galego
para todas as persoas,un camiño polo que temos que transitar neste
momento no que parece que se está a impoñer unha soa lingua, a
hexemónica, e na que o resto son consideradas como linguas de segunda”,
indicou.
Nas xornadas debaterase de políticas públicas e
normalización, de memoria e transmisión familiar da lingua, de mocidade
e de lingua e xéneros, cunha vontade de que “se abran marcos onde poder
activar persoas en defensa do idioma, sexan galego ou castelanfalantes,
así como dotarnos de ferramentas para combater todas as mentiras que se
contan socialmente sobre as linguas, que nos din que unhas son mellores
e outras peores, nesta situación de neofranquismo lingüístico na que nos
atopamos”, explicou Goretti Sanmartín.
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/malas-linguas-iniciativa-dar-resposta-ao-neofranquismo-linguistico/20181016135106072871.html