• Número 408
  • 22 de outubro de 2018

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal

22 de outubro de 2018 | Como vos sinalamos no anterior PASquín, asistimos á reunión da Xunta de Persoal co ánimo de retomar a iniciativa para que se resolvan dunha vez as importantes cuestións sobre as que a Xerencia adoptou, de facto, a decisión de non executalas a curto prazo.

Universidade

Xunta de Galiza. Orzamentos 2019, máis do mesmo

22 de outubro de 2018 | O Consello da Xunta, na reunión do día 18 de outubro, ven de aprobar os Orzamentos do ano 2019. Previamente, para cumprir o expediente, o día 15 de outubro, a Dirección Xeral da Función Pública (DXFP) enviou aos sindicatos da Mesa Xeral de Empregados Públicos, o proxecto de Orzamentos, (Título II. Gastos de persoal) e unha proposta de modificación da Lei de Emprego Público e convocounos a unha reunión o día 17 na que se tratarían ámbolos dous temas. O feito de convocalos dun día para outro xa é significativo das intencións do gabinete que preside Feijoo, representando un insulto máis ás organizacións sindicais.

Universidade

Devolución de prestación por maternidade: Modelo de reclamación do IRPF

22 de outubro de 2018 | Podes reclamar a devolución da prestación por maternidade despois de que o Tribunal Supremo, mediante a sentenza 3 de outubro de 2018 determinase o dereito á devolución de todo o tributado por IRPF.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

22 de outubro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT

Mobilización en Uviéu contra os premios da vergoña

22 de outubro de 2018 | Por sétimo ano consecutivo, convocados polas Marchas da Dignidade de Asturies, as traballadoras e traballadores da CUT acudimos a Uviéu para participar na manifestación que, desde a praza do Concello, percorrendo as rúas máis céntricas rematou na praza da Escandalera protestando contra a celebración dos Premios Príncipe de Asturias, un acto de ostentación que ofende aos asturianos e asturianas e a toda a cidadanía que padecemos os recortes de dereitos sociais e laborais.

CUT Citroën

50.000 euros de ideoloxía (folga 2015 Citroën)

22 de outubro de 2018 | Os cartos non son neutrais, teñen a ideoloxía de quen os manexa: no seu xeito de gañalos, no xeito de gastalos, no que se fai por conseguilos… PSA ten moi clara a súa ideoloxía á hora de manexar os cartos, leva anos (coa complicidade dos sindicatos amarelos) recortando as ganancias da clase traballadora co único obxectivo de aumentar a súa marxe de beneficio. Neses recortes xogan coa nosa saúde, coa nosa dignidade e cos nosos petos.

CUT

Esther Pais: “A empresa témenos porque somos moitas as mulleres que nos beneficiariamos da suba de categoría nas limpezas”

22 de outubro de 2018 | Desde o 24 de maio, as traballadoras da limpeza da Xunta están en pé de guerra reclamando a fin da discriminación laboral machista. Esixen que a empresa adxudicataria, neste momento o Grupo Norte, coa complicidade da Xunta de Galicia, deixe de vetar ás mulleres na suba de categoría de peoas a peoas especialistas, unha categoría da que só gozan os homes.

CUT

ALCOA INESPAL non se pecha!

22 de outubro de 2018 | Alcoa mercou á SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) no ano 1998, en plena onda de privatizacións de empresas públicas posta en marcha polo Goberno de Aznar as nove empresas que naquel momento se dedicaban á produción do aluminio no estado integradas no grupo INESPAL. Desde ese momento iniciáronse as prácticas mafiosas que levaron a que, a día de hoxe, só estean en funcionamento catro -dúas en San Cibrao, Lugo, unha en Avilés e outra na Coruña- dúas delas ameazadas de morte desde hai uns días, unha é a da Coruña, a outra, a de Avilés.

Lingua

‘Malas linguas’, unha iniciativa para dar resposta ao “neofranquismo lingüístico”

22 de outubro de 2018 | Unhas xornadas organizadas pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña procuran abrir un debate sobre o retroceso na normalización do galego e fornecer de argumentos para o seu uso.

Videos