Devolución de prestación por maternidade: Modelo de reclamación do IRPF

Podes reclamar a devolución da prestación
por maternidade despois de que o Tribunal Supremo, mediante a
sentenza 3 de outubro de 2018 determinase o dereito
á devolución de todo o tributado por IRPF.
A Axencia Tributaria entendía até agora que a
prestación por maternidade era unha renda do traballo e incluía polo
tanto o percibido por este concepto entre as rendas do traballo dos
beneficiarios
Agora o Tribunal Supremo establece unha doutrina
oposta. Na sentenza que vos sinalamos debulla os motivos polos que estas
percepcións non deben estar suxeitas a tributación no imposto da renda
das persoas físicas. Isto fai que se abra a porta á reclamación a tod@s
aquel@s persoas que a declararon nos exercicios comprendidos entre 2014
e 2017, os anteriores están prescritos.
A reclamación realízase (podes consultar os
detalles deste procedemento na
Axencia Tributaria) tramitando unha
solicitude de rectificación do Imposto da renda das Persoas Físicas, a
este
xuntámosche un modelo de referencia.
Ademais de reclamarse as cantidades correspondentes
ao permiso por maternidade, Poderían reclamarse, tamén xa que teñen a
mesma consideración, as cantidades relativas ás
retribucións do permiso por paternidade, ou aqueloutras que se poidan
considerar incluídas no referido artigo (revísao).
Nestes procedementos é moi importante que a
reclamación se faga en base á argumentación sentada polo Tribunal
Supremo, por se despois é preciso recorrer.
Tamén é posible que, despois da sentenza que sinalamos, o INSS che siga efectuando o desconto. Para ese caso proporcionámosche o modelo de solicitude que terías que presentar no organismo e dirixido á Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social