ALCOA INESPAL non se pecha!

Alcoa
mercou
á Sepi (Sociedade Estatal de Participacións Industriais)
no ano 1998, en plena onda de privatizacións de empresas
públicas posta en marcha polo Goberno de Aznar as nove empresas que
naquel momento se dedicaban á produción do aluminio no estado integradas
no grupo INESPAL (Industria Española del Aluminio). Desde ese momento iniciáronse as prácticas
mafiosas que levaron a que, a día de hoxe, só estean en funcionamento
catro -dúas en San Cibrao, Lugo, unha en Avilés e outra na Coruña- dúas delas ameazadas de morte desde hai uns días, unha é a da
Coruña, a outra, a de Avilés.
Como dixo hoxe ao remate da multitudinaria
manifestación realizada na Coruña o presidente do Comité de
Empresa, á multinacional non lle interesan as fábricas nin os
traballadores e traballadoras empregadas e empregados nelas, o que de
verdade lle interesa é o mercado do aluminio no Estado, así, mentres que desde o ano 2012 reduciu a produción na fábrica da Coruña nun 30%, descarga material nos portos do Estado que ven doutras fábricas que ten no resto do mundo,
a compañía está presente en doce países:
Australia, Brasil, Canadá, Guinea, Hungría, Islandia, Holanda, Noruega,
Arabia Saudita, España, Surinan e Estados Unidos.
Polos datos que se manexan publicamente de Alcoa
Corporation, desde o momento da privatización até o ano 2015, as dúas factorías que se queren pechar -a da Coruña e a de Avilés- producíronlle á multinacional uns beneficios de máis de 1.400 millóns de euros, argallando ademais cos gobernos de turno conseguiron un sen número de subvencións e un acceso privilexiado ás subastas de electricidade. Mentres que isto ocorría a multinacional non inxectou o
diñeiro necesario para realizar as melloras e a modernización das
factorías, limitándose a embolsar o beneficio para engordar os petos dos
accionistas ou para investilos nas outras factorías esparexidas polo
mundo.
Como pasa no capitalismo,
preténdese que agora sexan as traballadoras e traballadores as que
paguemos esta planificada actuación do capital que igual que especula coas mercadorías, especula coas nosas vidas.
Desde a CUT da Universidade da Coruña
queremos mostrar a nosa firme solidariedade coas traballadoras e
traballadores de ALCOA INESPAL. Non imos permitir que se peche nin que
se perda nin un só posto de traballo. Esiximos a re nacionalización da
empresa e de todos os sectores estratéxicos.
ISTO É A GUERRA, ALCOA NON SE PECHA!!!