Traballadoras da limpeza da Xunta en loita contra a discriminación laboral e salarial

Contrariamente ao discurso oficial, as mulleres seguimos padecendo unha discriminación intolerable
A loita das traballadoras da limpeza da Xunta non
desfalece, se o pasado día 4 de outubro se manifestaron diante das
oficinas de San Caetano, o xoves, día 11, concentráronse, unha vez máis,
diante do Parlamento berrando máis forte que nunca que “esta loita ímola
gañar!”
As mobilizacións das traballadoras subcontratadas á
mafia de Grupo Norte, teñen como obxectivo rematar coa discriminación
salarial das mulleres, que cobran menos cós homes e non teñen acceso á
promoción de categoría.
Contrariamente ao discurso oficial, en moitos eidos
laborais, as mulleres seguimos padecendo unha discriminación
intolerable.