Reunión da Xunta de Persoal

A Xunta de Persoal ten que debater e adoptar as
decisións que correspondan para responder á parálise institucional. A
inacción da representación das traballadoras e traballadores fortalece a
decisión da Xerencia de deixar transcorrer o tempo e que podrezan as
cuestións que interesan ao colectivo.
Co ánimo de romper esta inercia asistiremos á
reunión da Xunta de Persoal convocada para o vindeiro día 18 de outubro, ás 09:00 horas, na
que se tratarán as seguintes cuestións:
Lugar, Sala de Reunións do ESCI - Elviña
Orde do día
1. Informe do presidente e d@s
representates nas Comisións
2. Lectura e aprobación se
proceder da acta da sesión do 20/09/2018
3. Proposta de grabación das
sesións da Xunta de Persoal
4. Comunicacións d@s
traballador@s
5. Promocións 2018
6. Roupa de traballo
7. Concurso de méritos do
persoal do SIC
8. Aplicación dos puntos
debatidos no grupo de traballo de acción social-conciliación
9. Convocatoria xeral de axudas
sociais do PAS funcionario para o ano 2018 enviada pola Xerencia
10. Proposta, se a houber, de constitución da
Mesa de negociación
11. Recuperación da xornada de 35 horas
12. Recuperación do 100% en caso de IT
13. Consulta @s traballador@s sobre a puntuación,
da fase de concurso e de oposición, nas convocatorias de quenda libre
14. Quenda aberta de intervencións
Seguiremos informando