Nota AGDSP portas xiratorias na crise de POVISA

Ante a información da existencia de negociacións
entre POVISA-SERGAS para evitar a quebra anunciada por este hospital
privado con Concerto Singular, desde a Asociación Galega para a Defensa
dá Sanidade Pública queremos comunicar:
1.- Consideramos que a crise deste hospital
privado, que atende a pacientes da sanidade pública, esta determinada
por contas pouco claras, conflitos de intereses e portas xiratorias
2- A auditora de Povisa é Deloitte, que participou
na fusión das caixas galegas e na saída a bolsa de Bankia, e que non
atopou os buracos millonarios desta entidades financeiras.
3- Maria Luisa Brandt, ex directiva, foi
auditora de Caixa Nova durante a crise e é a actual Xerente de POVISA
4- Tras chegar Feijóo, Rocío Mosquera, directiva de
Povisa foi nomeada Directora Xeral do Sergas e posteriormente
Conselleira de Sanidade mentres que María Luisa Brandt foi nomeada
Xerente de Galaria SA, empresa pública da Conselleria de Sanidade. O
Consello de Contas advirte dos graves problemas da súa xestión e das
contas pouco claras de Galaria, o que xera dúbidas sobre as contas que
actualmente achega Povisa para xustificar o Pre-Concurso de Acredores. .
5- Rocío Mosquera tras ser cesada na Consellería,
substituíu a María Luisa Brandt en GALARIA, que á súa vez
foi nomeada xerente de Povisa (intercambio de cromos). Esta última
pasou de xestionar unha empresa dependente da Consellería de Sanidade
(con acceso a información sanitaria pública especialmente sensible da
pacientes da área de Vigo e o Morrazo), a xestionar o hospital privado
con Concerto Singular co SERGAS.
6- A pesar da escasa información dispoñible sobre
as negociacións entre SERGAS e POVISA para evitar a quebra deste
hospital privado, parece que a administración ofreceu facerse cargo do
gasto en medicamentos xerado no centro para pacientes ambulatorios. Isto
supoñería que POVISA prescribiría unha medicación (cada vez máis
custosa) que sería pagada polo SERGAS, algo moi perigoso para o
gasto público a medio e longo prazo, tendo en conta ademais a ausencia
de delimitación da atención dos pacientes públicos e privados denunciada
polo Consello de Contas). POVISA parece que tamén pretende unha subida
no concerto como veu facendo ao longo dos anos (a pesar de ser o mais
elevado do Estado)
7.- Ante todo isto, instamos á Consellería de
Sanidade a que faga pública a súa intención de non permitir a chantaxe
empresarial e anunciar que, polo interese xeral, pasará a xestionar
directamente o hospital POVISA, no caso de que a empresa non garanta a
asistencia sanitaria da poboación asignada e os postos de traballo.
8.- Tamén reclamamos unha auditoría real e crible
da xestión do diñeiro público entregado á empresa que xestiona POVISA, e
esiximos o compromiso de non entregar un euro máis ata non ter feita esa
auditoría.
9.- E finalmente facemos un chamamento ás forzas
sociais, políticas e sindicais para que se estableza un plan a medio
prazo, para ir substituíndo o concerto singular por recursos sanitarios
públicos, que permita finalizar coa situación de chantaxe permanente que
vivimos na área sanitaria de Vigo
Asociación Galega para a Defensa dá
Sanidade Pública
6 de outubro do 2018