• Número 407
  • 15 de outubro de 2018

O 061 en loita!

As traballadoras e traballadores do 061 seguen en loita

Diante a pasividade e a política de oídos xordos practicada pola Xunta o persoal decidiu manter as medidas de presión

Pese a que o traslado do servizo á Estrada xa é un feito, As traballadoras e traballadores do 061 seguen en loita. As últimas accións van desde unha caravana de coches dende as instalacións da CRTVG ata San Caetano, circulando ao redor do edificio administrativo da Xunta para que as e os máximos responsables do traslado á Estrada escoitaran que... SEGUIMOS EN LOITA, até a demostración de solidariedade c@s compañeir@s das ambulancias que reclama o convenio colectivo.

Diante a pasividade e a política de oídos xordos practicada pola Xunta o persoal decidiu manter as medidas de presión contra a deslocalización do servizo, que obriga, sen ningunha razón obxectiva, a efectuar un desprazamento diario de 50 Km (A Estrada está a 25Km de Compostela)

@s traballador@s acusan á Xunta de dilapidar o diñeiro público ao utilizar os cartos das galegas e galegos nun centro que non supón ningunha mellora, nin tecnolóxica nin estrutural para o servizo que proporcionan. Ninguén da administración conseguiu explicar as razóns do traslado. Calculan que o tempo perdido en viaxes será dunhas 6 horas ao mes, o que dificultará a conciliación e suporá unha perda económica.

Forza!!