Universidade

Reunión da Xunta de Persoal
15 de outubro de 2018 | Xunta de Persoal ten que debater e adoptar as decisións que correspondan para responder á parálise institucional. A inacción da representación das traballadoras e traballadores fortalece a decisión da Xerencia de deixar transcorrer o tempo e que podrezan as cuestións que interesan ao colectivo.
Universidade

Unha suba de miseria
15 de outubro de 2018 | O DOG do 13 de setembro publicaba a ORDE do 5 de setembro de 2018 pola que se actualizan con efectos do 1 de xullo de 2018 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica. Ademais do paupérrimo incremento, que as traballadoras e traballadores da Xunta xa percibiron na nómina de setembro, na Universidade da Coruña, como xa ven sendo habitual, cobrarémolo un mes máis tarde, se o cobramos en outubro, non está asegurado.
Universidade

Calendario laboral 2019
15 de outubro de 2018 | Despois de que na reunión do día 10 de outubro o Consello de Goberno da Xunta aprobara o calendario laboral para o ano 2019, establecendo os días festivos que lle corresponde determinar á comunidade autónoma, xa podemos adiantar o que pode ser o calendario laboral de 2019..
Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas
15 de outubro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
CUT

19 de outubro: a Uvieu contra os premios da vergoña
15 de outubro de 2018 | O vindeiro venres 19 de outubro estaremos coas Marchas da Dignidade en Uvieu manifestándonos contra a corrupción, contra a monarquía e polos dereitos sociais, coincidindo un ano máis coa entrega dos Premios Princesa de Asturies, os premios da vergoña.
Eleccións Sindicais

Permisos para as eleccións sindicais
15 de outubro de 2018 | No DOG do día 11 de outubro publícase a ORDE do 3 de outubro de 2018 pola que se regulan os permisos ao persoal da Comunidade Autónoma de Galicia en relación coas eleccións sindicais aos órganos de representación do persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.
CUT

Traballadoras da limpeza da Xunta en loita contra a discriminación laboral e salarial
15 de outubro de 2018 | A loita das traballadoras da limpeza da Xunta non desfalece, se o pasado día 4 de outubro se manifestaron diante das oficinas de San Caetano, o xoves, día 11, concentráronse, unha vez máis, diante do Parlamento berrando máis forte que nunca que “esta loita ímola gañar!”
CUT - Citroën

Laudo da denuncia interposta pola CUT contra o censo electoral inflado
15 de outubro de 2018 | A CUT esta poñendo os medios (denuncias -laudos) para que SI se perda o MEDO. A CUT denunciou un censo inflado con Directivos que teñen poder de representación e negociación no nome da empresa, e que non deben votar aos representantes dos/ as traballadores/as.
CUT - CRTVG

O Comité lntercentros da CRTVG denuncia a utilización política dos medios públicos galegos coa retransmisión do desfile das Forzas Armadas como "Día da Festa Nacional 2018"
15 de outubro de 2018 | O Comité lntercentros rexeita a decisión da Dirección de Informativos da CRTVG de emitir integramente, mañá venres doce de outubro, de 11:00 a 13:00 horas, o desfile das forzas armadas con motivo da "Festa Nacional de España".
O 061 en loita!

As traballadoras e traballadores do 061 seguen en loita
15 de outubro de 2018 | Pese a que o traslado do servizo á Estrada xa é un feito, As traballadoras e traballadores do 061 seguen en loita. As últimas accións van desde unha caravana de coches dende as instalacións da CRTVG ata San Caetano, circulando ao redor do edificio administrativo da Xunta para que as e os máximos responsables do traslado á Estrada escoitaran que... SEGUIMOS EN LOITA, até a demostración de solidariedade c@s compañeir@s das ambulancias que reclama o convenio colectivo.
Decrecemento

Decrecer sen tirar a lavadora
15 de outubro de 2018 | O decrecemento sinala cuestións sociais e ambientais urxentes –unha diminución na produción e no consumo de bens e na esixencia enerxética ao planeta para recuperar certo equilibrio entre a natureza e os seres humanos, como unha parte máis desa natureza–, pero é un plan por desenvolver conceptual e practicamente.
Represión

Retirada proposta de “ordenança cívica” de Lugo: falta de consenso ou pressom popular?
15 de outubro de 2018 | Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, vem de anunciar a sua retirada na tentativa de aprovaçom da ‘ordenança cívica’ para Lugo. O motivo aducido, a ‘falta de consenso’. O rascunho apenas contava com o apoio da direita local (PSOE, PP, Ciudadanos), e recebia a oposiçom talhante de BNG e IU. Na rua, tem motivado a denúncia permanente da plataforma Lugo sem mordaças, que convocou há duas semanas umha concorrida manifestaçom.
CUT

Cando despiden a unha traballadora por negarse a traballar horas extras de balde
15 de outubro de 2018 | O despido dunha traballadora da multinacional Grupo Norte que se negou a traballar gratis as horas extras motivou unha protesta da CUT diante da sede de Correos en Compostela. O lugar escollido polo sindicato débese a que a empresa ten unha serie de contratos con varias administracións públicas..
Represión

Boro LH. Tras o xuízo da vergoña
15 de outubro de 2018 | Pasaron uns días desde o xuízo que levaba esperando catro anos e medio, ese que ameazaba con levarme 6 anos a prisión (7 e medio se lle sumamos a condena ad hoc que me impuxo a Audiencia Nacional por opinar en Facebook).
Sanidade Pública

Nota AGDSP portas xiratorias na crise de POVISA
15 de outubro de 2018 | Ante a información da existencia de negociacións entre POVISA-SERGAS para evitar a quebra anunciada por este hospital privado con Concerto Singular, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:
Sanidade Pública

A Cámara de Contas de Madrid tarda 13 anos en recoñecer que os hospitais privados de Madrid son ineficientes e máis caros que os de xestión directa
15 de outubro de 2018 | Contra a privatización da sanidade non hai atallos: Derrogación da Lei 15/97 e do Artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade. As listas de espera matan. Garantías de acceso igualitario en todos os territorios.
CUT Alternativas na Xustiza - NOTA DE PRENSA

A realidade dos errados plans de actuación en cifras
15 de outubro de 2018 | Camiño de cumprirse seis meses do remate da folga da xustiza galega, paralizada durante tres longos meses, a Xunta de Galicia non puxo en marcha os prometidos plans de actuación para a recuperación das cargas de traballo. O propio TSXG fixo unha estimación de máis de 17.000 xuízos suspendidos, o que indica a magnitude da parálise sufrida.
CUT Alternativas na Xustiza

Vergoñentos plans de actuación avalados polos "pseudsindicatos"
15 de outubro de 2018 | O sindicato Alternativas Na Xustiza-CUT saíu ao paso da noticia e criticou que a Xunta anuncie "de forma sorpresiva e ás portas dunha ponte festiva" a medida cando "está a piques de cumprirse seis meses desde o final da folga". "Ter que esperar case medio ano é unha verdadeira vergoña: as cifras de moitos destes xulgados, con cargas de traballo brutais, deberían ser motivo dabondo para que os plans de actuación empezasen inmediatamente tras terminar a folga e non seis meses despois", censura a CUT nun comunicado emitido este xoves.
Pobos Orixinarios

Colonialismo no século XXI: a loita das comunidades indíxenas
15 de outubro de 2018 | A comunidade diaguita dos Chuschagasta, situada na a provincia arxentina de Tucumán, continúa reclamando xustiza no caso de Javier Chocobar, comuneiro indíxena asasinado por un terratenente un 12 de outubro de 2009. O motivo, a terra.
Comunicado do Sindicato Andaluz de Traballadoras/es (SAT)

Situación das traballadoras temporeiras marroquís
15 de outubro de 2018 | Reproducimos o comunicado difundido polo Sindicato Andaluz de Traballadoras/es sobre a situación das traballadoras temporeiras marroquís, no que se detalla a actuación do sindicato, respondendo, deste xeito, ás noticias aparecidas en diversos medios de comunicación.
Lingua - Prolingua

“A situación da lingua galega é alarmante, vivir un día en galego é imposible”
15 de outubro de 2018 | Romina Bal, membro de ProLingua, explica en relación ás declaracións de Toni Cantó que o primeiro que habería que facer sería cumprir a lei cousa que non acontece na actualidade.
CARTAS QUE RECIBIMOS

As vosas colaboracións
15 de outubro de 2018 | Espazo aberto á vosa participación
Universidade

Últimas convocatorias nas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo
15 de outubro de 2018
Antifascismo

Miles de antifascistas mobilizáronse en Valencia
15 de outubro de 2018 | A marcha partiu, como estaba previsto, da praza de San Agustín, a pesar de que membros de grupos de ultradereita causaron momentos de tensión que foron contidos pola forte presenza policial despregada na capital do Turia. Varias persoas congregáronse no punto de saída da manifestación con bandeiras de España, realizaron o saúdo nazi e gritaron consignas desta ideoloxía. Ademais, lanzaron gas que afectou a axentes das forzas de seguridade e xornalistas.
8M Folga feminista

Cara a unha gran folga feminista 8M: postais do IV Encontro estatal de Mulleres
15 de outubro de 2018 | Este 6 e 7 de outubro, preto de 600 mulleres reuníronse en Xixón (Asturias) para preparar un 8 de marzo “máis potente”. A resolución central: folga feminista o 8M de 2019.
12 de outubro, nada que celebrar

12 de outubro: nada que celebrar e moito que reparar
15 de outubro de 2018 | Cinco activistas de orixe latinoamericana — Alicia Rai Rai, Florencia Brizuela, María Ignacia Ibarra, Fran Casas-Cordeiro e Linda Porn — falan sobre racismo, feminismo hexemónico e poscolonialismo para Pikara Magazine e SomAtents..
Para apuntarse no autobús comunicádeo a través do correo electrónico do sindicato,
coruna@cutgaliza.org. O prazo de inscrición remata o mércores 17 de outubro

Videos