• Número 407
  • 15 de outubro de 2018

CUT - Citroën

Laudo da denuncia interposta pola CUT contra o censo electoral inflado

O laudo dános parcialmente a razón, as mesas electorais pasan de 44 a 27

A CUT esta poñendo os medios (denuncias -laudos) para que SI se perda o MEDO. A CUT denunciou un censo inflado con Directivos que teñen poder de representación e negociación no nome da empresa, e que non deben votar aos representantes dos/ as traballadores/as. O laudo dános parcialmente a razón deixando fora do Censo á:

Muñoz Codina: Director Industrial de PSA en Europa.

Óscar Fernández : Director da planta de PSA en Madrid.

José María Castro: Director da planta en Mangualde.

García Escobar: Director de RR HH de Mangualde.

Pero non exclúe a outros/as directivos/as e cadros que toman decisións importantes sobre as persoas traballadoras e as súas condicións de  traballo. (non puidemos excluílos a todos/as de momento) en parte grazas:

“... Xa que logo, na definición de alto directivo que establece o art. 1.2 do RD 1382/1985, do  1 de agosto nin na doutrina xudicial á que acertadamete se referiron os representantes de UGT e CCOO, SITC e da empresa. Doutrina que ademais interpreta con carácter restritivo o concepto de persoal de alta dirección...".

O único que axudan estes directivos é a aumentar o numero de electores e representantes a escoller, afianzando a maioría do Amarelo (que para nós é unha parte do problema, pero non o único). Para outros/as un compañeiro/a de viaxe o que serlle fiel xa que é a sombra da Dirección ela Empresa e moi larga.

Dar a coñecer aos traballadores/as que a Mesa Electoral Central ven de confirmar en cumprimento do laudo 49/18 as mesas electorais pasan de  44 a 27. Isto eliminará o habitual control do voto.

Unha gran vitoria encamiñada despois de 36 anos de cor Amarelo, as persoas traballadoras neste Centro, por fin, poidan votar con liberdade.

Agora o cambio esta na man de cada traballador/a

A maiores, no día de onte celebramos o 4° laudo do proceso electoral 2018, a CUT solicitou a eliminación das mesas auxiliares. Daremos coñecemento do seu resultado.

Queremos rematar co medo, pero queremos facelo xa e dun xeito efectivo, estamos facendo o necesario para dotar ás traballadoras/es das ferramentas necesarias para que o medo desapareza desta Empresa. Non imos a publicar promesas, aválannos os feitos. Na CUT actuamos no pasado, e farémolo no presente, e non agardaremos ao próximo Convenio para loitar  por  unhas condicións laborais dignas. Poñemos a vosa disposición integramente  o laudo ditado, e cada quen saque as súas propias conclusións.

10 de outubro de 2018