• Número 407
  • 15 de outubro de 2018

CUT

19 de outubro: a Uvieu contra os premios da vergoña

Os buses pasarán por Vigo, Compostela e A Coruña

O vindeiro venres 19 de outubro estaremos coas Marchas da Dignidade en Uvieu manifestándonos contra a corrupción, contra a monarquía e polos dereitos sociais, coincidindo un ano máis coa entrega dos Premios Princesa de Asturies, os premios da vergoña.

Os buses pasarán por Vigo, Compostela e A Coruña a recoller xente e o billete custa tan só 5 euros. Anótate canto antes contactando coa CUT da túa comarca!.

Central Unitaria de Traballadores/as Comarca da Coruña
coruna@cutgaliza.org
981072788
Rúa Monte das Moas, 15-B local 4
15010-A Coruña