Cando despiden a unha traballadora por negarse a traballar horas extras de balde

O despido dunha traballadora da multinacional
Grupo Norte que se negou a
traballar gratis as horas extras motivou unha protesta da CUT
diante da sede de Correos en Compostela. O lugar escollido polo
sindicato débese a que a empresa ten unha serie de contratos con varias
administracións públicas. Grupo Norte gábase de reducir os
gastos e conseguir sanear as contas multimillonarias nas súas últimas
presentacións de resultados.
“Buscan perfís vulnerabilizados para poder
extorsionar”, sostén a afectada, Marta, que se negou a quedar pasiva e
calada ante as continuas vulneracións dos seus
dereitos por parte do Grupo Norte.
As irregularidades e as discriminacións
A CUT, a través do seu secretario de acción
sindical en Compostela Leonardo da Cruz Blanco, denuncia o que
consideran irregularidades no seu funcionamento, “algo
que deberían saber as institucións que lles contratan os servizos a
través das concesións públicas”.
Desde a CUT reivindican a recuperación
destes servizos e que non estean privatizados
O Grupo Norte traballa tamén en varios países
americanos e Portugal. En 2017 presentou un aumento no seu negocio
chegando a acadar os 99 millóns de euros en Recursos
Humanos e contando con concesións noutras Comunidades
Autónomas.
https://nostelevision.gal/despedida-por-negarse-a-traballar-de-balde-as-horas-extras/