A Cámara de Contas de Madrid tarda 13 anos en recoñecer que os hospitais privados de Madrid son ineficientes e máis caros que os de xestión directa

A Cámara de Contas, organismo practicamente
descoñecido para @s madrileñ@s, tardou 13 anos en recoñecer o que é
obvio: que o modelo de sanidade privatizada non garante maior
eficiencia, nin unha mellor atención, segundo un documento ao que tivo
acceso El Diario.es, informe non dispoñible para o común dos mortais, xa
que a Cámara non o publicou na súa web, aínda que no portal Filtrala hai
dispoñible un resumo.
Con todos os medios dos que dispón, e preto de 100
persoas de persoal, a maioría nomeados e repartidos entre os partidos
políticos mediante o sistema de libre designación (como o seu “irmán
maior”, o Tribunal de Contas), con salarios estratosféricos (100.000
€/ano os conselleiros, e complementos específicos de 50.000 €), o que
suma un orzamento para 2018 de 8,5 millóns de €, dos cales
se dedican a salarios case o 80 % (6,7 millóns €), a Cámara de Contas
tivo que esperar a 2018 para elaborar un informe, no que se recoñece que
non existían razóns para poñer en marcha os hospitais privados de modelo
concesión que desde CAS denunciamos, xa en 2005.
Non é de estrañar que a Cámara de Contas non movese
un dedo contra a privatización sanitaria de Madrid, sobre todo durante a
presidencia de Arturo Canalda (2012-2017), xa que este fora
viceconselleiro de Sanidade con Lamela entre 2003-2006, xusto os anos
nos que se prepararon as licitacións e adxudicacións por 30 anos dos
hospitais privados de modelo concesión. En paralelo, cal cortina de
fume, facíase estalar o “caso Leganés”a través da denuncia anónima
contra o Dr. Luís Montes. En 2017, Arturo Canalda viuse forzado a
presentar a súa dimisión despois de que fose imputado pola Audiencia
Nacional no caso Lezo.
Nos documentos elaborados por CAS a partir de 2005
poden atoparse os datos que cuestionaban xa naquel momento (co silencio
cómplice de sindicatos subvencionados, colexios profesionais, sociedades
científicas, partidos políticos, e mesmo parte dos que logo conformaron
as mareas brancas), a posta en marcha dos hospitais modelo concesión.
CAS |
CÁMARA DE CONTAS |
Concesións en sanidade: un
negocio redondo. CAS 2005 |
"Non se facilitaron informes e/ou
estudos elaborados nos que se avaliasen as distintas opcións
de xestión en termos de eficiencia, eficacia e economía"
(2018) |
Os novos hospitais de Madrid.
CAS 2005 |
O goberno fundamentou a elección deste
modelo "nos principios de racionalización, eficacia,
simplificación, liberdade de elección e eficiencia" pero non
achegou ata a data "ningunha análise comparativa" de canto
custaría prestar o servizo "cos propios medios da
Comunidade" en lugar de alleos (2018) |
Mercado e saúde. Repercusións
nos pacientes. CAS 2005 |
…..os hospitais xestionados por
concesionarias "derivan" aos pacientes porque non poden
darlles os coidados que precisan ou "para reducir custos en
tratamentos complexos" (2018) |
Dispárase a especulación
financeira na sanidade madrileña. CAS 2006 |
…….por concesionarias e o canon
comprometido coas sociedades que construíron os seis
hospitais que se pretendían privatizar xera uns gastos á
administración pública difíciles de calcular e, por tanto,
existe "incerteza" sobre os custos finais (2018) |
Os novos hospitais: chámanos
públicos pero non o son. CAS, 2008 |
"descoñécese en base a que criterios
tomaron estas decisións, nin o suposto aforro ou mellora na
prestación da asistencia sanitaria que se puido obter". |
Ante as masivas privatizacións
sanitarias: Xa é hora de tomar postura. CAS 2008 |
|
Mesmo chegamos a denunciar ante o Tribunal de
Contas, a Cámara de Contas, a Presidencia da Asemblea de Madrid, e os
grupos parlamentarios Popular, Socialista, Esquerda Unida-Os Verdes e
UPyD, posibles irregularidades neste proceso, que foron
arquivadas “xa que non se puido acreditar que os feitos denunciados
causaran prexuízos para os fondos públicos” .
Dada a incapacidade demostrada por estes
“organismos fiscalizadores” para facer algo positivo para a poboación
madrileña en materia sanitaria, estamos convencidos de que o seu
“traballo” non ten sentido algún para a sociedade, sendo firmes
candidatos para formar parte do grupo de traballos inútiles, os
que David Graeber denominou “traballos de merda”, traballos que se non
existisen ou desaparecesen mañá, non afectarían negativamente o
funcionamento básico da sociedade. No caso da Cámara de Contas, foi
creada en 1999, polo que nestes 18 anos de funcionamento podería
consumir preto de 100 millóns de €, que posiblemente tivesen mellor
destino cubrindo calquera das múltiples necesidades básicas de parte da
sociedade. En definitiva, se estes son os mecanismos “públicos” de
control existentes, mellor que non existan.
CONTRA A PRIVATIZACION DA SANIDADE NON HAI
ATALLOS: DERROGACIÓN DA LEI 15/97 E DO ARTIGO 90 DA LEI XERAL DE
SANIDADE
AS LISTAS DE ESPERA MATAN. GARANTIAS DE
ACCESO IGUALITARIO EN TODOS OS TERRITORIOS
CAS, outubro de 2018
http://www.casmadrid.org/index.php/comunicados/1081-la-camara-de-cuentas-de-madrid-tarda-13-anos-en-reconocer-que-los-hospitales-privados-de-madrid-son-ineficientes-y-mas-caros-que-los-de-gestion-directa-2