• Número 407
  • 15 de outubro de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Esta semana non recibimos ningunha comunicación. Si houbo contactos telefónicos e consultas persoais pero, ao non se realizar por escrito, preferimos non detallalas.

A praza da Reitoría libre de coches!

Como veredes pola miña exposición traballo na Reitoría. Desde hai meses o Equipo Reitoral prohibe, dun xeito rigoroso, estacionar na praza. Non obstante observo que aparcan, con frecuencia, máis vehículos, todos con autorización, que persoas forman parte do Equipo de Goberno. Diante desta circunstancia, que me produce ardores de estómago, teño que sinalar, senón estoupo, que me opoño ao trato de favor que as persoas pertencentes ao Grupo de Goberno, se auto outorgan. Mentres que para as persoas que traballamos na Reitoría a alternativa que se nos ofrece é a dun concerto cun aparcadoiro privado, pagado, faltaría máis, co noso soldo, unha especie de caste VIP, goza do privilexio de ter praza gratuíta ás portas do traballo. Se todos/as somos traballadores/as, o trato, no que se refire ao asunto que expoño, debe ser igualitario. Se non se pode aparcar na praza, non pode aparcar ninguén!, e se a alternativa é a de aparcar nun aparcadoiro privado, pagado co salario propio, desde o reitor até eu mesmo temos que facelo se non queremos dar voltas para atopar un sitio. Por outro lado, a radical restrición ten fendas, dependendo de quen a transgrida e do momento que se produza a transgresión, no acto de homenaxe ao Sr. Meilán a praza estivo case chea.