• Número 407
  • 15 de outubro de 2018

Universidade

Calendario laboral 2019

Xa podemos adiantar o que posiblemente será o calendario laboral de 2019

Despois de que na reunión do día 10 de outubro o Consello de Goberno da Xunta aprobara o calendario laboral para o ano 2019, establecendo os días festivos que lle corresponde determinar á comunidade autónoma, xa podemos adiantar o que pode ser o calendario laboral de 2019.

Nesta ocasión varían as festas locais. Segundo o que puidemos recoller na prensa serán:

Ferrol:

Día 05 de marzo, Martes de Entroido (en substitución do 07 de xaneiro, San Xiao). Este é o único dato que nos queda por confirmar

Día 22 de abril, Chamorro

Oleiros:

Día 05 de marzo, Martes de Entroido

Día 24 de xuño, San Xoán

A Coruña:

Día 05 de marzo, Martes de Entroido

Día 24 de xuño, San Xoán

O San Tomé de Aquino, segundo o establecido para os Calendarios académicos para o curso 2018/2019 celebrarase o 28 de xaneiro

Como podedes apreciar, un festivo, o 12 de outubro, coincide en sábado, polo tanto corresponde incrementar un día máis os días de asuntos particulares.

Ir ao calendario laboral 2019

Preme na imaxe para ver o calendario