A realidade dos errados plans de actuación en cifras

Camiño de cumprirse seis meses do remate da
folga da xustiza galega, paralizada durante tres longos meses, a
Xunta de Galicia non puxo en marcha os prometidos plans de actuación
para a recuperación das cargas de traballo. O propio TSXG fixo unha
estimación de máis de 17.000 xuízos suspendidos, o que indica a
magnitude da parálise sufrida.
Hoxe, de xeito sorpresivo, á porta dunha
ponte festiva, e sen ningún día laborable previo para
informar aos traballadores, aparece a nova “oficiosa” de que o
vindeiro LUNS, 15 DE OUTUBRO, empezará a SEGUNDA FASE dos devanditos
plans, para os xulgados de Primeira Instancia / Social / Mercantil /
exclusivos de violencia de A Coruña e Vigo; rexistro e reparto do TSXG e
a oficina de notificacións e embargos de A Coruña.
Ter que agardar case medio ano é unha verdadeira
vergoña: as cifras de moitos de estes xulgados, con cargas de
traballo brutais, deberían ter sido motivo dabondo para que os plans
de actuación comenzasen INMEDIATAMENTE tras rematar a folga, E NON
SEIS MESES DESPOIS.
o O xulgado de violencia sobre a
muller de A Coruña, de 4 asuntos pendentes de incoar no 2017,
un ano despois acadou os 173. E de 49 escritos pendentes
de proveer pasou a 301.
o O xulgado de primeira instancia
nº 6 de A Coruña, de 0 demandas por incoar acadou as 354.
Os escritos por proveer pasaron de 151 a 722.
o O xulgado de Instancia nº 3 de
Ferrol é outra mostra: de 0 demandas por incoar pasa a 134,
e de 72 escritos pendentes de proveer a 520.
o O xulgado de primeira instancia
nº 8 de Vigo pasou de 0 demandas pendentes de incoar a 72,
e de 21 escritos a 729.
Nesta segunda fase, óbviase a situación dos
xulgados do Penal, dos xulgados de Instrución, e dos xulgados do
contencioso ou vixilancia penitenciaria, onde, en moitos deles, as
cargas de traballo superaban en gran medida os módulos fixados polo
Consello Xeral do Poder Xudicial, que tras a parálise ocasionada pola
folga, alcanzan números que non se recuperarán en moitos anos. Para
amosar o exposto, as estatísticas comparativas entre o segundo
trimestre do ano 2017 e o segundo trimestre do 2018 son a mellor mostra
de esta afirmación.
o O xulgado de instrución 1 de
Lugo pasou de 20 demandas por incoar no 2017 a 106 no
ano 2018. E os asuntos complexos incrementáronse de 26 a 56
(máis do dobre).
o O xulgado de Vixilancia
penitenciaria de Lugo pasou de 31 expedientes sen incoar en
2017 a 421 no mesmo período de 2018. E, no número total de
materias, de 677 a 1642 (non se precisan máis comentarios).
o O xulgado do Penal 1 de Ourense,
de 0 executorias pendentes de incoar no ano
2017 pasou a 124 neste segundo trimestre de 2018.
Agardar todavía un mes para que estes órganos
entren nos plans de traballo é un novo insulto por parte da Xunta de
Galicia e dos asinantes do acordo.
E, como non, están as VILAS, cuxos plans de
traballo se iniciarán o día 1 de decembro: DENTRO DE MES E MEDIO:
Xulgados mixtos con competencias en violencia sobre a muller e que
viron aumentada a súa carga de traballo exponencialmente, en proporcións
de tanto por cento, serán os últimos en poder recuperar a carga de
traballo por mor da folga.
Todo o exposto, demóstrase con cifras:
o O xulgado mixto 1 de Cambados
pasou de 0 demandas por incoar no 2017 a 211 no mesmo
período do 2018, e nos escritos pendentes de proveer: 184 a 403.
o O xulgado mixto 3 de Cambados
(XULGADO DE VIOLENCIA) pasou de 30 demandas por incoar no
2017 a 262 no mesmo período de 2018. No número de escritos
pendentes de proveer de 167 a 639.
o O xulgado mixto 1 de Marín
pasou de 0 demandas por incoar a 113 no mesmo período de
2018, e, nos escritos pendentes de proveer, de 25 no
segundo trimestre de 2017 a 383 no mesmo período de 2018.
o O xulgado único de Ortigueira,
de 0 demandas pendentes de incoar no 2017 pasou
a 183 no segundo trimestre de 2018.
o O xulgado mixto 3 de O Porriño
(XULGADO DE VIOLENCIA) das 12 demandas pendentes de proveer
no segundo semestre de 2017 pasou a 113 no mesmo período de este
ano. E de 208 escritos pendentes de proveer a 978.
o O caso do xulgado mixto 2 de
Redondela (XULGADO DE VIOLENCIA) é tamén destacable: de 0
demandas por incoar en 2017 a 209 no mesmo período de 2018, e
de 257 escritos pendentes de proveer a 1.077 un ano despois.
Cos datos estatísticos do propio CXPX que
imos xuntar, deixaremos en evidencia a falta de estudio das cargas de
traballo por parte da Xunta.
Os plans de actuación son XENÉRICOS, sen
distinción:
‾ Sen distinción por
carga de traballo, xa que exclúen xulgados moi prexudicados.
‾ Seguimento da folga:
inclúe xulgados onde o seguimento da folga foi nulo.
MÁIS DE CEN XORNADAS DE TRABALLO PERDIDAS QUEDAN
“SANEADAS”, PARA ELES, NESTES MÍSEROS PLANS (MÍSEROS EN DURACIÓN) E
MÍSEROS POLO TEMPO PASADO PARA A SÚA APLICACIÓN.
http://www.alternativasxustiza.com/2018/10/os-plans-de-actuacion-en-cifras-ignoran.html