12 de outubro: nada que celebrar e moito que reparar En rede, Portada

Cinco activistas de orixe latinoamericana — Alicia
Rai Rai, Florencia Brizuela, María Ignacia Ibarra, Fran Casas-Cordeiro e
Linda Porn — falan sobre racismo, feminismo hexemónico e poscolonialismo
para Pikara Magazine e SomAtents.
O 12 de outubro, tamén chamado Día da Hispanidade,
celébrase un xenocidio. ¿Como viven as activistas migradas de Abya Yala
(Latinoamérica) esta efeméride? “É unha labazada na boca para as persoas
que vimos das excolonias”, di Linda Porn. Ela e Alicia Rai Rai,
Florencia Brizuela, María Ignacia Ibarra e Fran Casas-Cordeiro falan
nestas pílulas de racismo, feminismo hexemónico, reparación e
poscolonialismo.
Este é un proxecto realizado por Arianna Giménez
Beltrán para SomAtents e Pikara Magazine.
As participantes:
Florencia González Brizuela (Arxentina) é
doutora en Dereito pola Universidade de Barcelona.
Linda Porn (México) é performer, actriz e
artista.
Francisca Casas-Cordeiro (Chile) é socióloga
e parte do Colectivo Desgenerant O Raval.
María Ignacia Ibarra (Chile) é socióloga e
parte do Colectivo Desgenerant O Raval.
Alicia Rain Rai (Chile) é investigadora da
Dobre Diáspora de Mulleres Mapuche.
http://www.pikaramagazine.com/2018/10/12-de-octubre-nada-que-celebrar-y-mucho-que-reparar/