• Número 406
  • 08 de outubro de 2018

STEG

Fronte a ‘normalidade’ do comezo do curso, os graves problemas do ensino

Lembran a mala xestión de Román Rodríguez e poñen enriba da mesa a urxencia de defender o ensino público

STEG quere que os cambios en Educación solucionen o mal inicio de curso

Desde este sindicato anuncian que seguen enriba da mesa cuestións esenciais sen resolver neste inicio de curso. Temas que pensan plantexarlle á nova conselleira Carmen Pomar.

Para o STEG, o curso que acaba de botar a andar ten que ser o curso en que, canda á demanda xeral de aumento do investimento público educativo, se recupere o poder adquisitivo das traballadoras e traballadores do ensino e as condicións de traballo que había antes dos decretos referidos: diminuír o horario lectivo do profesorado; acabar co abuso das ratios escolares e restablecer as condicións que tiñan as/os ensinantes maiores de 55 anos, medidas todas elas que facilitarían un aumento dos persoais docentes; así mesmo, mellorar os permisos e licenzas, acabar coas penalizacións económicas polas baixas médicas e cumprir con rigor as normativas sobre saúde laboral, que son outras reivindicacións fundamentais.

A STEG cre urxente “poñerlle fin á política de recortes que se iniciou coa crise económica, e que acadou o seu momento álxido con varios puntos dos reais decretos do 2012 que aínda continúan en vigor”. Esixen, ademais, solucionar entre outros problemas, a deriva da xestión indirecta dos comedores escolares, a preocupante redución dos contidos humanísticos e a grande cantidade de obras inacabadas ou con deficiencias estruturais nos centros.

https://nostelevision.gal/fronte-a-normalidade-do-comezo-do-curso-os-graves-problemas-do-ensino/