• Número 406
  • 08 de outubro de 2018

Lingua - A MESA pola Normalización Lingüística

#QueroGalego: o cancelo para sacarlle as cores aos 12 deputados galegos que apoiaron a proposta de Toni Cantó para excluir a lingua da administración

O propio parlamentar da formación laranxa tivo que recuar e recoñecer que tal cousa non era verdade

#QueroGalego, así de directo e simple é o cancelo ou hashtag impulsado pola Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) para que a través das redes sociais se deixe claro a Toni Cantó a realidade lingüística de Galiza apóas as declaracións do deputado de Ciudadanos de que “é un feito que o castelán desapareceu en Galiza”. O propio parlamentar da formación laranxa tivo que recuar e recoñecer que tal cousa non era verdade

Mais esta campaña non se centra só en Cantó. Desde A Mesa tamén lembran os 12 deputados e deputadas galegos do Partido Popular que no Congreso español votaron a favor da proposta do de Ciudadanos para excluír a lingua proia de Galiza da administración. A eles tamén lles din #queremosgalego, animando aos e as internautas a usar este cancelo para explicarlles a situación da lingua galega. 

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/querogalego-cancelo-sacarlle-cores-12-deputados-galegos-apoiaron-proposta-toni-canto/20180928140649072448.html

A Semente reta Toni Canto