• Número 406
  • 08 de outubro de 2018

Xuíces machistas

Mulleres xuristas denuncian ao xuíz que pediu absolver á manada

A Asociación de Mulleres Xuristas Themis interpuxo unha denuncia por responsabilidade disciplinaria ante a Comisión Disciplinaria do CXPX contra Ricardo González, por “utilizar expresións innecesarias, improcedentes, extravagantes ou manifestamente ofensivas e irrespetuosas desde o punto de vista do razoamento xurídico”

A Asociación de Mulleres Xuristas Themis interpuxo unha denuncia por responsabilidade disciplinaria ante a Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial contra Ricardo González o maxistrado da Sección Segunda da Audiencia Provincial de navarra que emitiu o voto particular da sentenza da Manada que pedía a súa absolución.

Themis considera que González incorreu nunha falta grave ao “utilizar expresións innecesarias, improcedentes, extravagantes ou manifestamente ofensivas e irrespectuosas desde o punto de vista do razoamento xurídico”.

A asociación especifica que a súa posición a favor da absolución dos acusados, que hoxe se atopan en liberdade provisional, non é o obxecto de queixa, senón as expresións que utiliza nas súas argumentacións. Themis refírese a consideracións que o xuíz plasma no seu voto particular, como a de que “polo que se refire á muller, non percibo signo algún de pudor nela” ou que “a expresión do seu rostro é en todo momento relaxada e distendida”. “En ningún momento percibo na súa expresión nin nos seus movementos albisco algún de oposición, rexeitamento, desgusto, noxo, repugnancia, negativa, incomodidade, sufrimento, dor, medo, descontento, desconcerto ou calquera outro sentimento similar”.

As denunciantes consideran que estas expresións “ocasionan un dano inmenso á vítima, unha revictimización que está vedada polo noso ordenamento” e que ademais, seguen, provocan desconfianza da cidadanía na Xustiza yb lembra o caso da violación múltiple a unha menor na Sala Razzmatazz de Barcelona, onde “nin ela nin a súa familia ratificaron a denuncia por medo ao escarnio”.

Themis incide en que as expresións do maxistrado son incardinables nas faltas dos apartados dos artigos 5 e 6 do artigo 418 da Lei de CXPX, referidos ao exceso ou abuso de autoridade, ou falta grave de consideración respecto dos cidadáns e á utilización nas resolucións xudiciais de expresións innecesarias ou improcedentes, extravagantes ou manifestamente ofensivas ou irrespectuosas desde o punto de vista do razoamento xurídico, respectivamente.

Neste caso, o Consello Xeral do Poder Xudicial só procederá previo testemuño deducido ou comunicación remitida polo tribunal superior respecto de quen ditou a resolución, e que coñeza da mesma en vía de recurso. 

https://www.elsaltodiario.com/manada/themis-jueces-machismo-violencia