• Número 406
  • 08 de outubro de 2018

CUT - CRTVG

Un novo venres de loita e xa van 20

Loito por uns medios públicos de comunicación sen manipulación!

Coa forza que se vai acumulando despois de 19 convocatorias e da impresionante manifestación que @s traballador@ da CRTVG e da CRTVE realizaron o pasado día 8 de setembro, este venres día 5 de outubro, o persoal da CRTVG mobilizouse unha vez máis vestid@s de negro en sinal de loito, no concepto de tristeza e pesar pola situación á que o poder político degrada aos medios públicos de comunicación pero tamén no aspecto de loita porque se enfrontan á manipulación plantándolle cara un venres máis.

Este venres @s traballador@s responden, tamén, a El Correo Gallego, un medio que subvencionado por eses mesmos políticos, pon en dúbida a súa profesionalidade, pretendendo, mediante a intoxicación, que o seu noxento libelo sirva de apoio a quen lle dá de comer, non vaia a ser que lle falte a forraxe no presebe.

A patraña tivo resposta, tanto do noso sindicato

Nin unha liña escribiu El Correo Gallego sobre as denuncias e as demandas das traballadoras materializadas no movemento dos #VenresNegroCRTVG, malia que tiveron 20 semanas, 20 oportunidades. Pero hoxe, sen contexto que axude a entender, sacan esta bazofia. Defende A Galega, porque #TantoMontaMontaTanto
Noxo de xornal que lonxe de informar, intoxica

Como d@s traballador@s

O redactor/a sabe escribir a noticia, o montador/a é quen mellor ensambla as imaxes da información. Agora na TVG montan as noticias xornalistas. Dá igual se o resultado é peor ou se as últimas horas non se dan montado a tempo... A quen lle importa? #TantoMontaMontaTanto #VenresNegro20CRTVG

E tamén do Comité Intercentros