• Número 406
  • 08 de outubro de 2018

CUT Citröen

A CUT denuncia a PSA Vigo polo censo electoral

Contra a súa maquinaria, perversamente elaborada e perfeccionada cos anos, a nosa teimuda rabudez e a nosa fame de liberdade e dignidade

A delegación territorial de Relacións Laborais da-Xunta celebrará hoxe o terceiro laudo que denunciou a CUT en materia laboral na empresa PSA Peugeot-Citroën de Vigo. O sindicato critica o "engorde· do censo electoral" (celebraranse eleccións os próximos días 21 e 22 de outubro) coa inclusión no mesmo de 190 cadros "que non se ven afectados o convenio colectivo".

A CUT di que o censo electoral de Citroën Vigo está "manipulado" e "inflado"

O sindicato CUT impugnou o censo electoral da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën, onde se celebrarán eleccións sindicais os próximos 21 e 22 de outubro, ao considerar que foi "manipulado" e "engordado tendenciosamente" para favorecer determinados resultados. Así o explicou este xoves o delegado do sindicato, Aclamación Mariño, ás portas da delegación territorial da Xunta en Vigo, onde se celebrou un laudo arbitral precisamente por esa denuncia sobre o censo.

O portavoz da CUT explicou que se incluíu no censo a "persoas relevantes" do grupo, como os directores das plantas de Madrid ou Portugal, ou o director industrial do grupo en Europa, Juan Antonio Muñoz Codina; así como a outros traballadores que causarán baixa antes do proceso electoral; ou operarios que están en situación de suspensión temporal de contrato.

Mariño reclamou "que este proceso sexa o máis libre e democrático posible" e "que os traballadores voten realmente con liberdade, cousa que non sucede neste centro dende hai máis de 36 anos".

300 OPERARIOS MÁIS

Segundo relatou, o censo inicial presentado cando se realizou o preaviso da convocatoria electoral era de 6.020 traballadores e, na acta posterior, elevouse esa cifra até os 6.320. "Hai 300 empregados máis que non sabemos de onde saíron", indicou, e denunciou que o censo se "engorda" con cadros técnicos, que son os que "sosteñen" ao sindicato maioritario (o SIT) e mandos que, ao seu xuízo, non son persoal elector nin elexible.

Por outra banda, o delegado da CUT denunciou que a mesa electoral constituída "tampouco está lexitimada" porque non está conformada polos traballadores que esixe a lexislación. Nin o presidente é o operario de máis antigüidade, nin está presente o traballador de maior idade, e os técnicos teñen maior representación que os operarios de talleres, a pesar de que son 800 empregados, fronte ao segundo colectivo, formado por 5.300 traballadores.

Finalmente, Aclamación Mariño indicou que a CUT tamén impugnou o pasado setembro varias decisións da mesa electoral central, entre elas a conformación de 44 mesas electorais. Segundo defende o sindicato, a lei establece que se instale unha mesa por cada 250 traballadores, de maneira que debería haber a metade desas mesas, unha reclamación que tamén foi sometida a laudo, e que se resolveu a favor do sindicato.

As votacións para elixir a composición do comité de empresa de PSA Peugeot Citroën en Vigo terán lugar os próximos 21 e 22 de outubro. Actualmente, o comité de está formado por 20 delegados do SIT (central maioritaria na factoría desde hai máis de 35 anos), 6 de UGT, 3 de CC.OO., 2 da CUT e 2 da CIG.

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/78775-cut-di-censo-electoral-citron-vigo-manipulado-inflado