• Número 406
  • 08 de outubro de 2018

Represión

Entrevista Antxon (pai de Adur) @AltsasuGurasoak

Antxon, membro de ‘Altsasu Gurasoak’ explica como 11 familias de Altsasua viron como os seus fillos foron encarcerados tras un xuízo manipulado

En outubro de 2016, nas Festas de Altsasua (un pequeno pobo de Navarra), un altercado nun bar onde varios mozos e dous Garda Civís e as súas parellas se viron envoltos derivou nun longo proceso xudicial que aínda hoxe segue aberto.

A petición inicial do fiscal foi a de 375 anos de cárcere por delitos de lesións e ameazas terroristas para os oito acusados. Atribuíu para sete dos acusados catro delitos de lesións terroristas, cunha condena de 12,5 anos por lesión. Ademais imputou a un deles e ao oitavo en cuestión o delito de ameazas terroristas polo que pediron igualmente 12 anos e medio de cárcere ademais de  41.100 euros de indemnizacións.

A petición actual é de 13 anos para un deles, 12 anos para outros dous, 10 anos a outro, 9 a 3 deles e 2 á moza que non tivo que ingresar en prisión.

Actualmente hai 7 mozos no cárcere, uns levan xa 1 ano e 9 meses, e outros 4 meses. A pesar de estar á espera do recurso presentado ante o Supremo, aplicouse a prisión preventiva a todos eles, en menor ou maior duración, accedendo ás peticións da Fiscalía de prorrogalo.

Unha denuncia iniciada por Covite, asociación de vítimas, desencadeou as detencións, as prisións preventivas inxustificadas, e a creación dun relato por parte dos medios de comunicación do Estado Español, que serviron para amparar un informe elaborado pola propia Garda Civil onde se cualificaban os feitos como 'terrorismo de baixa intensidade', feito que levou penas máximas e o afastamento dos mozos que permanecían en prisión preventiva.

Un xuízo cheo de probas non aceptadas, probas manipuladas, suposicións e testemuños dubidosos, que está a ser xa analizado en ámbitos universitarios pola súa desproporción.

Antxon, pai dun dos procesados e membro de 'Altsasu Gurasoak' explica todo o proceso.

Máis info:

http://www.altsasugurasoak.com/es/portada/
https://twitter.com/altsasugurasoak
https://www.facebook.com/altsasu-Gurasoak-1821453531464389/

Texto completo en: https://www.lahaine.org/entrevista-antxon-padre-de-adur