As traballadoras da limpeza da Xunta reivindican os seus dereitos diante do Parlamento

Queren cobrar o mesmo cós compañeiros homes, a equiparación salarial e de categoría e a redución da carga de traballo inhumana que asumen porque non se substitúe ao persoal que cae de baixa
As representantes das traballadoras da limpeza da
Xunta (subcontratada a Grupo Norte) reuníronse está mañá no Hórreo cos
grupos parlamentarios de En Marea e BNG para transmitirlles de primeira
man que queren cobrar o mesmo cós compañeiros homes, a equiparación
salarial e de categoría e a redución da carga de traballo inhumana que
asumen porque non se substitúe ao persoal que cae de baixa.
Ás portas do noso Parlamento, concentración de
apoio e protesta, porque as batallas xustas nunca se abandonan e porque
parece mentira que sigamos que ter berrando que
#AIgualTraballoIgualSalario
ou
#NonÁDiscriminación.
#GrupoNorteCulpableXuntaResponsable.