Roupa de traballo, un ano máis repítese o retraso na distribución

Un ano máis e repítese a mesma circunstancia que en
anos anteriores, a universidade incumpre, de novo, a regulamentación que
ela mesma estableceu. Que se notificase no seu día a apertura do prazo
de solicitude, reivindicado en moitas ocasións sen que se levase a
efecto, queda eclipsada ao reiterarse a inacción a hora de facer
efectiva a súa distribución.
Diante da inacción institucional, a Xunta de
Persoal ven de reclamar diante da Xerencia o cumprimento da
Resolución da Xerencia 2/2014, do 10 de xullo de 2014 sobre roupa de
traballo do PAS funcionario.
O ano pasado excluíuse a 37 compañeir@s por facer a
solicitude fóra de prazo, non pode ser que o cumprimento dos prazos só
se lle esixa a unha das partes.
Advertimos na comunicación que de non realizarse a
entrega da roupa en breve prazo realizaremos as accións a que houbera
lugar. Non podemos consentir que todos os anos pase o mesmo.
Seguiremos informando.
Reclamación da roupa de traballo